Santiago acollerá en outubro un obradoiro EAVE para produtores audiovisuais

  Santiago de Compostela será a sede no vindeiro mes de outubro dun dos talleres para produtores audiovisuais do recoñecido programa formativo EAVE (European Audiovisual Entrepreneurs), ó que acudirán 51 participantes de 36 países, xunto cos profesionais galegos que teñen reservada unha das sesións do encontro. Así se recolle no »

24 febreiro: Comeza un curso de vídeo impulsado polo Festival de Cans

O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de iniciar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos. O obxectivo será facer como exercicio final unha curtametraxe colectiva que se estreará na vindeira edición do Festival »

18-21 xuño: II Edición de Conecta Fiction en Galicia

O foro de coprodución de series europeas e latinoamericanas celebrado por primeira vez o pasado mes de xuño en Santiago de Compostela confirmou a súa segunda edición. Do 18 ó 21 de xuño de 2018 volverán a reunirse en Galicia os máximos exponentes en torno á ficción televisiva.       Tralo »

20-22 abril: Obradoiro de cine en Lugo con Claire Simon

Obradoiro de Campo – AS MIRADAS DE CLAIRE SIMON   La Plantación organiza un novo obradoiro de cine impartido pola cineasta francesa Claire Simon (Londres, 1955), responsable de filmes como Sinon, oui (1997) ou Gare du Nord (2013). No obradoiro “exploraremos a complexidade e o alcance do cine a través da »

17 e 18 novembro: Congreso Cultura e Igualdad en Vigo

  A fin de semana do 17 e 18 de novembro, o auditorio do Palacio de Congresos Mar de Vigo acolle o I Congreso de Cultura e Igualdade, que estará adicado ó sector audiovisual. Seis mesas de debates nas que participarán representantes das distintas Administracións Públicas e da Industria Audiovisual. »