Palmarés do FKM: Festival de Cinema Fantástico de A Coruña

 

 

O primeiro festival dos xéneros fantástico e de terror en Galicia rematou a súa décima edición con récord de participantes e espectadores

O pasado domingo tivo lugar no MAC a cerimonia de clausura da décima edición do Festival de Cinema Fantástico coa súa entrega de trofeos e galardóns. A británica Beast do director Michael Pearce converteuse nada gañadora o Concurso internacional de longametraxes Ópera Prima. A cerimonia rematou cun concerto a cargo de Dr. Spectro, dúo tecno-lascivo que nace do encontro entre Pablo Abeijón e Marcos Sánchez.

Os premios e galardóns da décima edición de FKM son:

 

Concurso internacional de longametraxes Ópera Prima FKM 2018

–  Premio do xurado: Beast de Michael Pearce

–  Premio do público: Beast de Michael Pearce

 

 

Galardóns Ópera Prima:

–  Mellor guión: Michael Pearce por Beast

–  Mellor banda sonora. Natalie Ann Holt por Pin Cushion

 

 

–  Mellores efectos especiais: Carly Knight por The book of birdie

–  Mellor interpretación: Alejandro Carro por Sea beasts

 

 

 

Concurso internacional de curtametraxes FKM 2018

–  Premio do xurado: Aurore de Maël Le Mée

–  Premio do público: Limbo de Daniel Viqueira

 

 

–  Mencións: Limbo de Daniel Viqueira e La noche de Martín Romero

 

 

 Concurso internacional de guións FKM 2018

– Premio: A secuencia de Verto de Norberto Leivas

– Mención: Sandwich de asiri de Marcos Nine Bua

Concurso Internacional de Curtametraxes “Cinema Fetus” dedicado a curtas experimentais

–  Premio: Juma Juma de Javi Camino

–  Mencións: O neno do horreo de Diego López Curros e Ceibes de Xabier Rúa