Galician Freaky Film Festival: 25-27 de outubro. Vigo City

 

 

A primeira edición do Galician Freaky Film Festival chega a Vigo o próximo xoves cheo de filmes de serie B, concertos e moito horterismo

Tralo éxito da edición pasada, á que acudiron máis de medio millar de persoas a gozar durante tres días do cine e a cultura freak, a organización do Galician Freaky Film Festival, presentou todas as novidades que se poderán ver no certame deste ano, que se celebrará do 25 ao 27 de outubro na sala Videodrome (na rúa Velázquez Moreno, 44).

Por iso, neste novo evento, abriuse a convocatoria a traballos audiovisuais para dar visibilidade a obras galegas, pero tamén a filmes nacionais e internacionais. Así, o Galician Freaky Film Festival recibiu máis dun cento de pezas de diferentes países de Europa e América dos que, finalmente se seleccionaron un total de 38 curtametraxes.

 

Staff da organización do Festival con Juan de Castro, director, no medio

 

 

ACTIVIDADES PARALELAS, DA EXPOSICIÓN DE “HORROR ART” AOS CONCERTOS

 

Ademais das proxeccións, na nova edición terán lugar diferentes actos paralelos entre os que destaca a mostra de Josef Méndez do que, Miriam P. Álvarez, axudante de dirección do festival, afirma que é “un artista vigués de “horror art” que está a mover os seus traballos por todos os certames de terror ao redor mundo”. Por suposto, tamén haberá un oco para a música. Así, no día da inauguración, o vigués Joao Tomba e a súa Orchestra  TDK Chrome fará mover o esqueleto a todos os asistentes a partir das 21.00 na sala Videodrome, antes do segundo bloque de programación. Xa o venres collerá o relevo o D.J Home Elefante, quen pinchará unha selección de grandes éxitos frikis.

Finalmente a clausura irá da man do dúo Alféizar, moi coñecidos na cidade, e que, en palabras do Home Elefante, a guest star do festival, “comulga perfectamente cos nosos principios por ser tan gamberros e horteras”.

  

GAMING E CERVEXA PROPIA

 

O gaming é outra das pezas fundamentais que formarán parte do festival. Deste xeito, habilitarase unha zona especial dentro da sala para dúas máquinas arcade antigas e que sen dúbida satisfarán aos gamers máis nostálxicos. E, para animar o ambiente, poderase consumir unha cervexa propia e moi especial elaborada en exclusiva pola fábrica de cervexas artesás Nós: a “Galician Freaky Film Festival”.

 

VOTACIÓN POPULAR CUN APLAUSÓMETRO

 

Os gañadores das curtametraxes á concurso decidiranse mediante unha votación popular do máis orixinal: un aplausómetro feito ad hoc para o festival polo que, ao remate de cada obra, o público deberá botarlle ganas e implicarse ao máximo se quere que o filme pase a estar entre os favoritos da primeira edición do certame.

En definitiva, un festival que, durante tres días encherá a sala Videodrome de actos, música, cine, cervexa e videoxogos para conseguir que Vigo se converta na capital friki de Galicia e o certame se consolide como un evento de referencia na comunidade e fóra dela.

 

A PROGRAMACIÓN

 

A programación da primeira edición do Galician Freaky Film Festival repartirase en 7 bloques divididos por temáticas tan diversas como o humor, o cine fantástico e ciencia ficción ou o terror.  Todas elas cun claro compoñente friki e de serie B. Hai que destacar tamén, que das 38 curtas, só unha non forma parte das obras a concurso: Kung Fury, de David Sandberg. Unha mediometraxe de orixe sueco que Juan de Castro, o director do festival, recomenda ver por ser unha “das maiores frikadas, horteras e oitenteras dos últimos tempos”.

XOVES 25

19:00 – Serán de Humor Freak, Vol. 1:

“Bienvenido al Infierno”, de Simón Fariza.
“El Sueño Beato”, de David Pantaleón.
“Loot”, de Pablo Medina.
“Nini”, de Álvaro Sanz Pascual.
“Estribillo”, de César Tormo.
“La Verdad”, de Fernando Llor.
“Yayoflautas”, de Jesús Elnota Martínez

21:00 – Inauguración

Concerto de JOAO TOMBA.

Sesión Typical Spanish:

“El Taconeo”, de Cucho López Capilla.
“Amancio Vampiro de Pueblo”, de Alejo Ibáñez.
“Coplillas por Bombay”, de Jaume Miranda.
“El Escarabajo al Final de la Calle”, de Joan Vives.

VENRES 26

19:00 SERÁN DE HUMOR FREAK, VOL.2:

“Z Fest”, de David Cordero.
“Monsters Walking”, de Diego Porral.
“Una Vida de Mierda”, de Jaime Serrín.
“La Buena”, de Antonio Panteras.
“Evströnger”, de Silvia Conesa.
“Tomoe Debe Pagar”, de Miguel Ángel Fernández Freire.
“Happy Ending”, de Fernando Gónzalez Gómez.
“Requiem desde el diván (¿Jugamos Al Spectrum+2?)”, de Felipe Aguilar Picaz

21:00 NOITE DE CIENCIA FICCIÓN:

“Third Kind”, de Zois Yorgos.
“Eusebio 80”, de Jesús Martínez e Iván Molina.
“El Origen”, de Jose A. Campos.
“Sputnik”, de Vicente Bonet.

23:00 NOITE DE ARREPÍO:

“9 Pasos”, de Moisés Romera e Marisa Crespo.
“Ángel Caído”, de Fran Parra.
“Maelstrom”, de Carlos Gómez-Trigo Baldominos.
“Toc Toc”, Daniel Veira Martínez.
“Aprieta pero raramente ahoga”, de David Pérez Sañudo.
“Rewind”, de Rubén Pérez-Barrena.

00:00 – Pinchada HOME ELEFANTE AKA DJ MERRICK

SÁBADO 27

19:00 FRIKISMO DO PAÍS:

“O Neno do Hórreo”, de Diego López Curros (Unha hª de Rural Horror Storis.
“Koan”, de Omar Rabuñal Varela.
“Baleiro”, de Miguel Gómez Abad.
“Maullidos de Látex” de Brian Rodríguez Cortiñas.

21:00  INTERNATIONAL FREAK SESSION:

“White Shortfilm”, de David Moya.
“Todo esto sucede mientras duermes (y no puedes ver lo que sueño)”, de Adrián Quintero Mármol Martínez (delotroladodelcero.films).
“Ella”, de Darío Díaz.
“The Record”, de Lucas Fuica.

Proxección ESPECIAL:

Kung Fury, de David Sandberg (Laser Unicorns).

23:00 Concerto ALFEIZAR.

 

 

 

EVENTO EN FACEBOOK