FKM 2018: Festival de Cine Fantástico de A Coruña: 13-21 outubro

 

 

O Festival FKM de Cinema Fantástico de A Coruña chega a súa décima edición, que xirará en torno a temática “sexo, provocación e censura” e que homenaxeará ó cineasta polaco Walerian Borowczyk (1923-2006), entre outras actividades.

 

WALERIAN BOROWCZYK

De orixe polaco, foi un dos mestres do cine erótico máis importantes da historia do cinema. Artista controvertido, comezou a súa carreira como diseñador gráfico facendo carteis de películas en Polonia. Logo pasouse ao mundo da curtametraxe onde colaborou con directores coma Jan Lenika ou Chris Marker facendo curtametraxes de animacion que mesturaban varios estilos e que estaban moi influenciados polo simbolismo e o surrealismo. En 1959 múdase a París e filma Renaissance (1963), Jeux des Anges (1965), Contes Immoraux (1974) ou La Bêtte (1975), mitos do cinema erótico. Borowczyk desenvolveu un estilo moi persoal, creando películas audaces e complexas, cargadas de sensualidade e moi subversivas. A súa obra foi fortemente censurada na maioría de países e algunhas das súas peliculas chegaron ate estar prohibidas. En España, por exemplo, en 1987, na TVE dirixida por Pilar Miro, suspenderon a emisión da súa película Interior dun convento (1978), baseada nunha obra de Stendhal e con fotografía de Luciano Tovoli, por considerala “extremadamente forte” e que ía “atentar contra cantidade de cousas”. O escándalo foi tal, que a emisión de catro escenas desta película, de 30 segundos de duración, no programa “De 7 en 7” que se emitía os domingos, provocou a destitución do seu director e realizador, José Luís Hernández Batalla”. O ciclo organízase en colaboración ca organización polaca AVA Arts Foundation, ca organización Friends of Walerian Borowczyk e co Instituto Polaco de Cultura.

Proxectaranse as cintas Love Express. Przypadek Waleriana Borowczyka (Kuba Mikurda, 2018), documental sobre o director, a película The Strange Case of Dr. Jekyll and Miss Osbourne ( Walerian Borowczyk,1981) e as súas curtas Dom (Walerian Borowczyk, Jan Lenica, 1958) e Une Collection Particulière (Walerian Borowczyk, 1973)

 

 

 

FORO DE COPRODUCIÓN INTERNACIONAL

 

Descatamos tamén unha novidades deste ano, o Foro de coprodución internacional FKM-Works:

“O Festival FKM organiza por primeira vez un Foro de Coprodución Internacional, composto por unhas xornadas formativas especializadas en cine de xénero sobre produción e distribución e un completo espazo de reunións one-to-one con expertos internacionais”. Un dos participantes será o produtor francés Fabrice Lambot (Mike, Peplum). Acompañarano a produtora galega Fernanda del Nido, fundadora da produtora Setembro Cine e coresponsable de películas de éxito internacional como Una mujer fantástica (Sebastián Lelio, 2017), gañadora do Óscar á Mellor Película de Fala Non Inglesa; Princesita (Marialy Rivas, 2017) estreada mundialmente en Toronto, e Neruda (Pablo Larraín, 2016) con estrea mundial en Cannes. Outro produtor galego que formará parte do foro é Borja Pena, fundador de Lorelei Produción e cofundador de Vaca Films, xunto a Emma Lustres. Completan o foro Alberto Álvarez Aguilera (responsable de vendas para España e Latinoamérica e xerente de festivais en Reel Suspects, unha distribuidora internacional de cinema con sede en París), Francisco Rodríguez Prieto (responsable da selección de longametraxes de Movistar+) e Romain Roll (director xerente do BIF-Market, primeiro mercado cinematográfico dedicado só a cinema de xénero, no Festival Internacional de Cinema Fantástico de Bruxelas (BIFFF)).

 

 

SECCIÓN COMPETITIVA

 

A Sección competitiva estará composta por tres bloques diferenciados: curtas, longametraxes ópera prima, e o “cinema fetus”, novidade que premiará a curtas de baixo orzamento.

Na Sección de curtas participarán: Limbo (Daniel Viqueira, 2018), Mouras (Olga Osorio, 2018) e diversas curtas internacionais que podedes consultar aquí

 

 

 

 

 

En canto as longametraxes, son: The Book of Birdie (Elizabeth E. Schuch, 2017), Beast (Michael Pearce, 2017), Summer of ‘84 (Roadkill Superstar, 2018), Pin Cushion (Deborah Haywood, 2017) e a galega Sea Beasts (Felipe González Carballido, 2018)

 

 

Finalmente, a novedosa Sección Cinema Fetus estará composta por: Avelino (Daniel Rodríguez Palacios), Baleiro (Miguel Gómez Abad), O neno do hórreo (Diego López Curros), Ceibes (Xavier Rúa), O dono é móbil (Jacobo Cancela), Como en Rashomon (Martín Caínzos Sanmartín, 2018), A cuarta parede (Martín Cainzos Sanmartín, 2018), Alicia (Lucas Terceiro) e Juma-Juma (Javi Camino)

 

 

MATERCLASS

 

O público poderá disfrutar tamén de diversas masterclass: dúas sobre “Maquillaxe FX” impartidas por Pedro Rodríguez e Gustavo Melella e outra sobre crítica cinematográfica impartida por Jordi Costa

 

 

 

MESAS CADRADAS

 

As “Mesas Cadradas” deste ano xirarán sobre “sexo, cinema e arquitectura” (Xosé Nogueira, Fernando Agrasar), “non imos falar de sexo” (cos directores Andrés Goteira, Olga Osorio e Paco Plaza) e Fantaterror 70s (Mesa de debate sobre a figura do director Amando de Ossorio) coa participación de Javier G. Romero (fundador do Festival Fant de Bilbao), David G. Sariñena (director do fanzine Monster World) e Rafael Calvo (cautor do único libro sobre Amando de Ossorio).

SESIÓN INFANTÍS E MATINAIS

 

Os máis pequenos tamén teñen cabida neste festival que ofrecerá sesións infantís coa proxección da cintas de animación Fairy Tail: A sacerdotisa do Fénix (Masaya Fujimori, 2012) e Rudolf, The Black Cat (Kunihiko Yuyama, Motonori Sakakibara, 2016). As sesións matinais estarán dedicadas a un público adolescente e ofrecerán as cintas tamén de animación Your Name (Makoto Shinkai, 2017), O lugar que nos prometimos (Makoto Shinkai, 2004), Inuyasha: A batalla a través do tiempo (Toshiya Shinohara, 2001) e Patlabor 1 (Mamoru Oshii, 1993)

 

 

EXPOSICIÓNS E PUBLICACIÓNS

 

O FKM tamén ofrecerá exposicións sobre o ilustrador ourensano David Rubín e a ilustradora coruñesa Gairah Love. Tamén presentarase o libro Cómo acabar con la contracultura: Historia subterránea de España (1970-2016) (2018, Jordi Costa) e o Fanzine “Matanza Caníbal“, homenaxe 25 Aniversario a “La Matanza Caníbal de los Garrulos Lisérgicos” (Antonio Blanco, Ricardo Llovo, 1993)

 

 

 

 

Máis información no blog do FKM e nas súas contas de Facebook, Instagram e Twitter.

PROGRAMACIÓN