Vigo acollerá unha nova edición do Galician Freaky Film Festival: 25-27 outubro

 

 

A organización do Galician Freaky Film Festival, que terá lugar os días 25, 26 e 27 de outubro, destaca o gran éxito que tivo esta primeira convocatoria e confirma que Vigo volverá a mostrar o mellor do cine de serie B esta vez cunha ampla selección de obras. Tanto é así que o festival recibiu filmes de países tan diversos como Irán, Suíza, Gran Bretaña, Paraguai ou Arxentina.

Como novidade, se premiarán ás mellores pezas audiovisuais mediante o voto popular e haberá unha categoría especial para aquelas microcurtas gravadas co móbil.

O certame está a traballar tamén nas actividades paralelas que se levarán a cabo no mes de setembro e outubro para que Vigo sexa un ano máis a capital do mundo friki e o festival se consolide como un novo referente cultural dentro da cidade.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL

A pasada edición #0 do Galician Freaky Film Festival tivo unha gran acollida por parte do público e dos profesionais destes xéneros audiovisuais. Cerca dun millar de persoas participaron nas actividades promovidas polo festival e tivo una moita repercusión no colectivo friki e underground galego.

Por iso este ano a organización quere ir un paso máis aló e abrir o festival a proxectos de fóra de Galicia, aínda que os obxectivos seguen sendo os mesmos: reivindicar o frikismo galego que comezou nos anos 90 coa Movida viguesa de Siniestro Total e Os Resentidos e con filmes tan característicos coma A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos. Continuou co rock bravú de Heredeiros da Crus e se consolidou co Xabarín Club, grazas o cal toda unha nova xeración coñeceu o anime.