Falece o actor Ernesto Chao ós 74 anos

 

 

Ernesto Chao (Ribadavia, 1947) falece ós 74 años de idade. O actor ourensano, lembrado por moitos como o mítico Miro Pereira da serie “Pratos Combinados”, morreu nas últimas horas e o seu corpo será velado no tanatorio de Boisaca, en Santiago.

Chao tivo unha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro. Foi director do Centro Dramático Galego dende 1986 ata 1987 e primeiro Presidente e cofundador da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Traballou en máis dunha ducia de produccións cinematográficas dende 1985, ano no que deu comezo a súa carreira televisiva, especialmente ligada á TVG. Tamén tivo especial éxito en producións de ámbito estatal como “Cuéntame cómo pasó”, “Aquí no hay quien viva” ou recientemente “Fariña”. Tamén participou en filmes como a produción española-uruguaia “Migan de pan” (Manane Rodríguez, 2016), seleccionada por Uruguai para competir de cara ó Oscar á mellor película de fala non inglesa en 2017.