O Clúster Audiovisual Galego lanza a revista “Díxome, díxome”

O Clúster Audiovisual Galego conta desde este mes de xullo cun novo espazo informativo onde mostrar todo o potencial do sector e dos seus profesionais. A revista “ Díxome, díxome” nace co obxectivo de contribuír a que se consuma máis audiovisual feito en Galicia.
A publicación, de periodicidade trimestral, ofrecerá o seu espazo “tanto para os profesionais que están diante como para os que están detrás das cámaras”. Conta con moi diversas seccións de información, formación, innovación e tamén axenda e mesa de debate. A fotografía, aseguran, prestará especial atención ao deseño e, por suposto, á fotografía. O primeiro número de “ Díxome, díxome” está dispoñible nesta ligazón.