Convocatoria aberta para enviar filmes ó Galician Freaky Film Festival (ata o 17 de setembro)

Despois da exitosa edición #0, volvo o freakismo á cidade olívica. Así que, xa sabedes, tendes ata a 17 de setembro para enviar os vosos traballos.
“Esta convocatoria vai dirixida tanto a profesionais como a creadores/as “amateur” con obras de baixo orzamento pero con moita intención e ganas de achegar a súa particular mirada.
O Galician Freaky Film Festival pretende espolear a creatividade. Os galegos e galegas temos un xeito peculiar de dixerir a cultura globalizada dende o orgullo polas nosas tradicións e pola cultura rural galega. Reivindicamos o freakismo galego como parte da nosa forma de entender e interpretar o mundo. Retranca en estado puro!
No audiovisual, o freakismo está asociado á serie B, ao terror, á ciencia ficción ou ao cine fantástico. O Galician Freaky Film Festival ábrese a todos estes xéneros realizados coa intención de emocionar, sorprender ou amedrentar e, por outra banda, ábrese á parodia, á sorna e á retranca de producións audiovisuais que pretendan deixar unha pegada propia. En definitiva, produtos con certas dosis de gamberrismo”.

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN