V Festival de Cine de Roca (Guitiriz) (27-28 xullo)

 

 

Esta fin de semana terá lugar en Roca (Guitiriz) a V edición do seu Festival de Cine. O venres e o sábado poderedes disfrutar de unha serie de curtametraxes, e longametraxes tanto galegas como internacionais con temática musical e ó aire libre. Este proxecto nace arredor da Asociación Cultural Xermolos e está inspirado na Mostra de Cine de Ascaso na rede de festival independientes “Cine grande en pequeño”.

 

PROGRAMACIÓN

VENRES 27 DE XULLO

20:30 Apertura de portas

21:30 Inauguración do festival

Pregón do festival a cargo de Mero Iglesias, escritor e músico.

22:00 Proxección de “Tempos de recolleita” (32’) de Félix Blume e Xurxo Fernandes

“Unha boa parte da mocidade galega interésase cada vez máis polas súas orixes culturais. Vanse cada fin de semana ao encontro das súas « memorias vivas ». Armados coa súa gravadora ou a súa pequena cámara, márchanse así á busca dunha canción que non coñecen, e quizais nunca gravada. E despois de moita charla, obteñen finalmente a confianza desas vellas mulleres que buscan na memoria os cantos da súa mocidade.
Tamén existen moitos coleccionistas, con fonotecas persoais que gardan nas súas casas. Reutilizan ás veces estes cantos para reproducilos con respecto á tradición ou pola contra, para fusionalos con outras influencias musicais… En ambos casos, a tradición perpetúase e a canción continúa a existir!”

22:30 Proxección de Galicia enteira é un festival (30’) de Galicia Fest

Xusto antes da proxección, haberá unha táboa redonda onde participarán tres das creadoras do documental que participan do proxecto Galicia Fest: Berta Pan , Julia Saavedra e Nerea Fernández, xunto con Alfonso Blanco Torrado que intervén no documental como organizador do FESTIVAL DE PARDIÑAS.

SÁBADO 28 DE XULLO

21:00 Aperturas de portas

O programa do sábado consiste no V concurso de curtametraxes de temática musical do Festival de Cine de Roca, que ten dúas categorías: Galegas e de fora de Galicia. En cada categoría, o público escollerá mediante votación unha curtametraxe gañadora que levará un premio en metálico de 100€ e un trofeo artesanal obra de Marcos Ladra Sanjurjo, artesán da Terra Chá.

 

21:30 Proxección das CURTAMETRAXES GALEGAS seleccionadas:

En PointeNoelia Muíño 9’35’’

Cando a profesora anuncia unha vacante para formar parte do corpo de baile profesional, Álex fará o imposible para superar a súa enfermidade e conseguir actuar no ballet “As zapatillas vermellas”.

 

Xunta en Corcubión Xurxo Fernandes e Nuria Foz 8’20’’

No ano 1952 o etnomusicólogo Alan Lomax viaxou a Galicia para recompilar os arcaicos sons conservados no rural galego. Cincuenta anos despois, no ano 2002, Xurxo Fernandes, seguindo os pasos do estadounidense, entrevistou as mesmas informantes pouco antes da súa desaparición. A través da música, Xunta en Corcubión propón unha viaxe desde a Galicia do loito á Galicia máis desinhibida, desde a pobreza ao exceso, desde o oculto ao explícito, desde a convención social ata o politicamente incorrecto.

Da Cantora Madan AgiSandra Tenreiro 3’04’’

Da Cantora Madan Agi. Un video clip, musical, didáctico e de atención á diversidade en lingua de signos, creado na aula de música do Ies Díaz Castro de Guitiriz (Lugo), para achegar a cultura da lírica galaico-portuguesa e as súas Cantigas de Amigo do trovador de Vigo, Martín Códax, á xente mais nova.

 

Il rumoreFran Álvarez 9’54’’

E se a reposta estivese máis preto do que pensas? Despois dun largo periodo pechada na súa habitación, chegará cun soplido do vento na herba para conseguir atopar o camiño ó cambio. A través da natureza, Léa descubre unha nova realidade que cambiará a súa vida. Podes sentir o silencio?

22:10: Proxección das CURTAMETRAXES DE FÓRA DE GALICIA seleccionadas.

Kilmister Ricardo Pastor (España) 4’

Todo o mundo coñece a Lemmy… ou non? Unha parexa estrambótica atópase con unha finalidade, pero complícase todo. Homenaxe a Motorhead.

Enamorao de tiTomás Romero (Málaga) 23’

Toda persoa que visitara o centro histórico de Málaga tivo a sorte de atoparse con Eduardo Chamorro, tamén coñecido como “El cantinero de cuba”. Eduardo, como outros moitos malagueños, vive do turismo da cidade e pese a haber pasado por distinguidos escenarios na súa xuventude, todos os días vai ó seu posto de traballo para ofrecernos o que mellor sabe facer: o cante.

BakiroMiguel New (Venezuela) 15’

Bakiro é un porco salvaxe tímido que traballa como monitor nunha sala de musica clasica. Soña con chegar a ser cantante pero ten unha voz espantosa. Unha noite, durante o concerto, Bakiro deixouse levar por unha misteriosa forza que o incitou a cantar e interrumpir a exquisita actuacion do ampliamente famoso e venerado solista “O Gran Galo”.

Solo de trompeta Bernabé Bulnes (España) 19’

 

Andrés separouse da súa muller e acaba de mudarse a un apartamento para comezar unha nova e ilusionante etapa. Aínda así, máis pronto do esperado, a trompeta dun veciño comeza a fastidiarlle os seus plans.

SpechlessAnkit Anand (India) 6’

Unha bailarina ten un admirador, pero enseguida fuxe cando se lle achega. Teme que o seu interese por ela desapareza cando coñeza que é muda. Cando os dous se atopan na pista de baile, a súa relación evoluciona en un tango.

CazatalentosJosé Herrera (Almería) 7’

 

Dominique foi o cazatalentos máis prestixioso de París. Ahora tan só é a sombra do seu pasado hata que descubre a Sofía, unha bailaora española que emigra a Francia a causa da Guerra Civil española e que esconde o secreto do maior talento da historia.

Millie e JerryNunzio Fazio (EEUU) 8’

 

Millie & Jerry é unha película experimental onde unha vítima de accidente cerebro vascular recorda un momento anterior no tempo cando el era un cantante. A película está rodada en Panavisión, en película Kodak, para crear unha mirada nostálxica dunha época anterior, cando Jerry estaba “vivo coa canción”. Esta película “silonciosa” conmemora a súa loita para comunicarse sen palabras.

 

Caminem Lluny (Camiñemos xuntos)Geoffrey Cowper (Barcelona) 4’

Julia é unha alumna de 1º ESO feliz e soñadora, pero no seu intituto un grupo de mozas fanlle a vida imposible facéndolle bulling. Todo cambiará unha noite fronte do lago, onde un aliado inesperado lle axudará e lle fará xustiza.

00:00 Entrega de premios e peche do festival.