V FanCine de Lemos: 26-29 xullo

 

 

Chega este xoves a V edición do FanCine de Monforte de Lemos cun cartel que seguro non decepcionará ós cinéfilos máis frikis do lugar.

Ademais das curtametraxes a competición, esta edición fará unha ampla homanexe ó Anime, coas exposicións de “O meu veciño Totoro” e “Mazinger Z”, que cumpren 30 e 45 anos respectivamente. 30 anos 30 artistas, homenaxe a Totoro é unha exposición colectiva comisariada por Jordi Pastor e Reinaldo Pereira na que se agrupan obras orixinais de ata 30 artistas e creadores prominentes do deseño e a ilustración.

Os debuxos representan estilos diferentes pero á vez teñen un cousa en común, polo menos nesta mostra: a fascinación polo mestre  Hayao Miyazaki e o personaxe de  Totoro, un das iconas máis reconocibles do prolífico Estudo Ghibli. O popular robot do manga Mazinger Z creado por Gô Naga tamén pasará polo festival por partida dobre; Contaremos con José Miguel Ruiz que converteu a súa colección de obxectos da serie Mazinger Z nunha exitosa exposición itinerante e o pase do filme de  Junji Shimizu que chega para celebrar o 45 aniversario da personaxe, así como os 50 anos do seu creador na animación.

“A película é un exercicio de nostalxia pura que roza o fetichismo e, ao ser unha continuación da serie orixinal, recupera aos protagonistas Koji Kabuto e Sayaka Yumi, e tamén ao vilán Doutor Inferno. A maiores contaremos co artista local   OM | RA  que mostrará unha colección gráfica que non deixará a ninguén indiferente”.

“DHOGS” e “REVENGE”

O Festival proxectará a mulpremiada ópera prima de Andrés Goteira, Dhogs e Revenge (Coralie Fargeat), filme premiado coa mellor dirección en Sitges e no Norturna Madrid.

 

MASTER CLASS

Serán 4 ás ponencias que o público poderá disfrutar: a directora e produtora Olga Osorio, falará do proceso creativo da súa exitosa y tamén multipremiada curtametraxe Einstein-Rosen; Jordi Pastor falará do arte da Story Board. Miguel Ruiz falará do mundo Mazinger Z, persoanxe da que posúe unha importante colección. Finalmente, Fernando Cortizo falará da técnica Stop Motion.

 

PROGRAMACIÓN

 

XOVES 26
17:00 – 21:00
TORNEO CLASH ROYALE: MásQFriki ( C/ Roberto Baamonde, 36, baixo. Monforte de Lemos)
19:00 APERTURA STANDS
Punto de Información e venda na rúa Cardenal
20:00 GALA APERTURA V FANCINE DE LEMOS. CASA DA CULTURA
Presentación do Festival a cargo do Alcalde de Monforte e os directores do Festival
20:30 SECCIÓN OFICIAL CURTAMETRAXES. CASA DA CULTURA
BEC. Tony Morales
DEAD ROUTE 360. Alfonso García López
DIESEL. Julio García
ALLEYCATS. Alejandro Jiménezç
BAILAORA. Rubin Stein
EL ESCARABAJO AL FINAL DE LA CALLE. Joan Vives Lozano
MARTA. Lucía Forner Segarra
AMANCIO, VAMPIRO DE PUEBLO. Alejo Ibáñez
22:00 MAZINGER Z: INFINITY – JUNJI SHIMIZU (2018. 95 MIN)
Cinema ó aire libre – Parque de los Condes. Película de animación xaponesa baseada no popular anime Mazinger Z de Go Nagai. A mesma emoción que nos asaltou ao ver rexurdir ao rei Kong, a Godzilla ou aos dinosauros do Parque Jurásico, é a que desprende ese plano mayestático que se recrea na aparición de Mazinger Z, instante de nostalxia como poucos.
TRAILER
24:00 AKIRA – KATSUHIRO *ÔTOMO. (1988. 124 MIN)
Cinema ó aire libre – Parque de los Condes. Na metrópole de Neo- Tokyo, unha cidade situada sobre as ruínas da destruída Tokio, vive o noso protagonista, que tras sufrir unha infancia difícil, é sometido como suxeito de probas a un experimento. Iso dótalle dun poder sobrehumano e decide empezar unha guerra contra o mundo.
TRAILER

 

VENRES 27

17:00 – 21:00

TORNEO CLASH ROYALE: MásQFriki (C/ Roberto Baamonde, 36, bajo. Monforte de Lemos)

13:00 Y 18:00

APERTURA STANDS: Puntos de Información e venda na calle Cardenal

18:30

OLGA OSORIO. PROCESO CREATIVO DE EINSTEIN-ROSEN. Casa da cultura

22867951_300x300.jpg

 

 

 

 

 

Charla con Olga Osorio, directora, guionista e produtora. Profesora de Realización na Escola de Imaxe e Son e de Montaxe na UDC (www.olgaosorio.com)

19:30

JORDI PASTOR. O ARTE DA STORY BOARD. Casa da Cultura

 

JordiPastor.jpg

Clase mestra con Jordi Pastor, barcelonés e amante dos cómics desde fai máis de trinta anos, empezou a súa carreira traballando en publicidade, debuxando storyboards para anuncios ou ilustrando portadas para novelas. É autor de “Padre” ( Quarentena edicións),”Reacción” ( Tomoshibi), “Encuentro” ( Edicions de Ponent) e “Vaquero” ( Ponent Mon). Debuxou ” Khalid” (Norma editorial), con guión de Damián Campanario, “Catálogo de Bunkers” (Astiberri edicións) con guión de Marcos Prior e participou en obras colectivas como “Barcelona TM”, ” Revolution Complex”, “Tales from the end of the world” e “Barcelona noire” de Norma Editorial ou “Rubor” (A Cúpula). Como guionista realizou “Máculas”, con Danide para Spaceman Project. Tamén se encargou dunha adaptación de ” Hady Murad” de Tolstoi e o guión da adaptación de “Cándido” de Voltaire (con Marcos Prior).

20:30: SECCIÓN OFICIAL CORTOMETRAJESCASA DE LA CULTURA

EL FOTOVIAJE DE CARLA. Fran Gas
GOTAS. Sergio Morcillo
MARTA NO VIENE A CENAR. Macarena Astorga
NENAMAGAT. Pol Rodríguez
LA TIERRA MUERTA. Sergio Duce
APRIETA, PERO RARAMENTE AHOGA. David Pérez Sañudo
EL VIATGE. Alberto Evangelio
CANÍBAL.  Iñaki Castro

22:00: DHOGS (ANDRÉS GOTEIRA) (2017. 85 MIN)

 

 

 

Cine ó aire libre – Parque de los Condes.  Presentación a cargo de Andrés Goteira, Suso López e o elenco artístico dea película.Unha das grandes sorpresas do cine español dos últimos meses. A primeira película de Andrés Goteira (Meira, Lugo), o filme máis galardonado da historia dos Premios Mestre Mateo, Mellor película do Festival internacional de cine fantástico Nocturna Madrid, premio da crítica do Festival Internacional de Cine Fantástico de Bruselas (BIFFF).. etcétera. 

24:00 FESTA – PARQUE DE LOS CONDES

SÁBADO 28

17:00 – 21:00: TORNEO CLASH ROYALE

MásQFriki(C/ Roberto Baamonde, 36, bajo. Monforte de Lemos)

13:00 Y 19:00: APERTURA STANDS

Puntos de Información e venda na rúa Cardenal

18:30: MIGUEL RUIZ: O MUNDO MAZINGER Z – CASA DA CULTURA

 

DVh8PvBXcAEFyaQ.jpg

Coleccionista especializado en temática Mazinger Z, conta con unha das coleccións máis logradas da mítica personaxe de Anime creada por Gō Nagai.

19:30: FERNANDO CORTIZO. PROCESO DE REALIZACIÓN DUNHA PELÍCULA EN STOP MOTION. CASA DA CULTURA

 

fern1.jpg

Clase mestra con Fernando Cortizo, da os seus primeiros pasos a mediados dos noventa coa realización da curtametraxe en 8 mm “El monstruo de la playa”. Durante esta década, e alternando cos seus estudos, realiza diversas curtas (Blackcat spantat, Solo, O Boiro, El ladrón de muñecas, Bucowski ou Promesa) interesándose e especializándose na técnica de animación stop-motion.

20:30: SECCIÓN OFICIAL CORTOMETRAJES. CASA DA CULTURA

 

9 PASOS. María Crespo Abril
HAY ALGO EN LA OSCURIDAD. Fran Casanova
LA BESTIA. Alejo Correa
LA ÚLTIMA CITA. David Baquero
ESCARABANA. Sara Casasnovas
VERSUS. Demetrio Elorz
CARONTE. Luis Tinoco
Z FEST. David Cordero

21:30: SEMIFINAL E FINAL TORNEO CLASH ROYALE

Parque de los Condes

22:45: REVENGE (CORALIE FARGEAT) (2017. 108 MIN)

 

 

Cine ó aire libre – Parque de los Condes. Premio á Mellor Dirección no festival de Sitges e Nocturna Madrid. Unha cinta executada cun estilo chamativo, con humor visual astuto e unha sensibilidade feminista subversiva.

DOMINGO 29

19:00: APERTURA STANDS

Punto de Información e venda na rúa Cardenal.

20:00: FANTAFESTI – CASA DA CULTURA

Proxección das curtametraxes realizadas polo Colexio PP EscolapiosDARLO TODO; e  Anabel Soto, novo talento monfortino, POR TI.

 

21:15: GALA CLAUSURA E ENTREGA DE PREMIOS. CASA DA CULTURA

21:45: REPETICIÓN GAÑADORES SECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES. CASA DA CULTURA