‘Matria’, de Álvaro Gago, Mellor Curtametraxe no 24º Festival Ibérico de Cine de Badaxoz

O Premio Onofre á Mellor Curtametraxe no 24º Festival Ibérico de Cine (FIC), dotado con 3.000 euros, foi parar a ‘Matria’, a historia de Álvaro Gago que retrata a rutina de Ramona, unha traballadora galega dunha conserveira.    O certame clausurouse a noite deste sábado, 21 de xullo, coa entrega dos Premios Onofre nunha ceremonia celebrada na terraza do Teatro López de Ayala de Badaxoz.

A cerimonia estivo conducida polo actor estremeño Alberto Amarela. ‘ Matria’, que conseguiu este ano o Gran Premio do Xurado do mítico Festival de Sundance de cinema independente de EEUU e outros galardóns como o da SEMINCI, narra a vida de Ramona, unha muller sacrificada e abnegada que traballa nunha conserveira cunha xefa tirana. A protagonista vive cun marido co que apenas se comunica, polo que trata de refuxiarse na relación que a une á súa filla e á súa neta. A obra do galego Álvaro Gago está protagonizada por Francisca Iglesias, á que o xurado lle otorgou o Premio AISGE á Mellor Interpretación Feminina.