17-19 xullo. Festival “Smartes” de Cinema Sostible en Vigo

Hoxe comeza en Vigo Smartes, un festival de cinema sostible ó aire libre, promovido polo Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidaridade do Concello de Vigo. O Festival ofrece esta semana tres proyeccións con entrada gratuita na calle Londres, ubicada detrás do Museo Marco.  O ciclo consta de documentais  que foron premiados en festivais internacionais de temática medioambiental e pretenden crear conciencia entre a ciudadanía. Todas elas serán ás 22.00 horas.

A primeira das proxeccións é hoxe martes, “Thank you for the rain”, que mostra como un granxeiro de Kenia comeza a retratar coa cámara a vida da súa familia e os danos causados polo cambio climático na aldea. Filmou inundacións, sequías e tormentas, pero tamén foi testemuña dos custos humanos destes fenómenos: a migración dos homes á cidade en busca de novos empregos ou como os seus fillos foron devoltos a casa porque el non podía pagar a escola a final de mes.

 

 

 

 

O mércores 17 será a quenda de “ The Islands and the whales”, que conta como os cazadores de baleas das illas Feroe consideran que a caza é vital para o seu modo de vida, pero cando un profesor local descobre as terribles consecuencias da contaminación mariña, os cambios ambientais ameazan o seu modo de vida para sempre.

 

 

 

O xoves 18 proxectarase, por último, “River Blue”. O premiado documental mostra o desastre ecolóxico que esconde a industria da moda, dando conta sobre a contaminación dos ríos por causa do auxe da chamada moda rápida e as cadeas de vestiario de baixo custo. Dirixida por documentalistas Roger Williams e David Mcllvride, o filme segue ao recoñecido conservacionista Mark Angelo para mostrar a terrible situación que afrontan os ríos en Asia.