Obradioros de produción internacional en Santiago do 22-29 outubro. Sesión informativa o 9 de xullo

En colaboración coa Agadic,  EAVE Producers desenvolverá o seu taercer taller anual en Santiago de Compostela, do 22 ao 29 de outubro. Nelparticiparán 51 produtores seleccionados procedentes de 40 países, xunto cun equipo pedagóxico e de asesores expertos.

 

 

Durante as últimas dúas décadas, EAVE converteuse no programa líder en Europa de formación e desenvolvemento para produtores e creou unha rede paneuropea única de máis de dous mil profesionais. Nos últimos anos, EAVE ampliou as súas oportunidades de formación máis alá das fronteiras europeas ao establecer unha nova rede de socios e colaboradores na América Latina, no Oriente Medio, na Europa do Leste, nos estados da antiga Unión Soviética e en Asia.

O EAVE PRODUCERS WORKSHOP é un programa de formación anual baseado no traballo con proxectos e que se desenvolve ao longo de tres obradoiros intensivos dunha semana de duración.

O  impacto positivo no desenvolvemento de coproducións internacionais trasládase tamén a extraordinarios resultados en canto a recadación, vendas, distribución e presenza en festivais das obras promovidas e impulsadas dentro do programa.

O sector audiovisual galego terá a oportunidade de participar en accións especialmente deseñadas para a industria local consistentes en:

-Asistencia a todas as sesións plenarias abertas programadas durante as xornadas

-Participación na xornada especial que se desenvolverá na Cidade da Cultura consistente nunha sesión plenaria para industria cinematográfica galega pola mañá e unha conxunta co grupo EAVE pla tarde e que se pechará cun cóctel-cea de networking.

Ademais, abrirase un proceso de selección para que oito profesionais galegos accedan as seguintes actividades:

-Reunións de coaching individuais con expertos para traballar na análise de proxectos e de empresas.

-Sesións de traballo grupais a cargo dun dos titores do programa.

SESIÓN INFORMATIVA PREVIA:

O próximo luns 9 de xullo celebraremos un encontro na Cidade da Cultura con Satu Elo, coordinadora do Programa EAVE para Europa, quen explicará máis detalladamente as fórmulas de participación e os criterios de selección.

A cita será ás 18.30 horas na Aula 1 da Biblioteca e tras a súa intervención haberá unha ronda de reunións individuais con todos os profesionais interesados que o soliciten previamente na dirección:

audiovisual.agadic@xunta.gal

[Nota: tanto a intervención como as conversas posteriores desenvolveranse en inglés].

Información en pdf