O Festival Novos Cinemas abre prazo de recepción de obras. Ata o 31 de xullo

Ata ó 31 de xullo é posible presentar filmes para participar na Edición 03 de Novos Cinemas – Festival de Cine Internacional de Pontevedra, que se desenvolverá entre o 11 e o 16 de decembro deste mesmo ano na cidade do Lérez.

NOVOS CINEMAS é un festival internacional de cine aberto a cineastas emerxentes de todo o mundo que conta con dúas seccións competitivas de ámbito internacional: a Sección Oficial e Latexos, destinada a dar visibilidade a producións de factura máis fráxil e íntima. Poderán concusar todas aquelas longametraxes (a partir de 60 minutos) que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores. Serán admitidos os traballos producidos, ou cuxa estrea mundial tivese lugar, a partir do 1 de xaneiro de 2017; sempre que non fosen estreados comercialmente en España, nin exhibidos en circuitos de televisión públicos ou privados no momento da súa inscripción a concurso. O período de admisión de filmes (DEADLINE) extenderase ata o 31 de xullo de 2018.

Podedes acceder aquí á inscrición e ás bases.