11-17 agosto: A Mostra de Teatro de Cariño cumpre 40 anos de vida

A Mostra de Teatro de Cariño cumprirá este ano a súa LX Edición, na que ofrecerlá aos espectadores unha vintena de citas culturais, entre as que se atopan as propostas teatrais e circenses de 10 compañías galegas (Natalia Outeiro “Pajarito”, Culturactiva, Contraproducións, Baobab Teatro, A Panadaría, Trompicallo, Mofa e Befa, Ghazafellos Teatro, Redrum Teatro e Chévere), dúas portuguesas (Partículas Elementares e Godot), unha de Castela e León (Cirk About It), unha vasca (Shakti Olaizola) e unha belga (Okidok), ademais de dous concertos (Ukestra do Medio e María Fumaça) e un obradoiro de circo para toda a familia.

Esta aposta pola produción galega é, en palabras de Sutil, un dos motivos polos que a Xunta cofinancia nos últimos anos a Mostra de Teatro Galego de Cariño a través da convocatoria anual de subvencións da Agadic a festivais de artes escénicas e musicais, da que –anunciou– se publicará nos vindeiros días a súa resolución para 2018.

 

PROGRAMACIÓN