Palmarés dos III Premios CREA

CREA Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización fixo entrega dos III Premios CREA cos seguintes galardonados:

– PREMIO DE HONRA: Cine Imperial (Ramallosa). Por representar unha forma de resistencia no actual circuito de exhibición e por conservar toda a maxia das vellas salas.

-Mención especial á promoción da igualdade de xénero: Carballo Interplay Polas súas boas prácticas e por amosar un mundo diverso fóra das etiquetas.

-Mención especial á visibilidade do cinema galego no exterior: Diana Toucedo e Alvaro Gago.

– Premio á mellor dirección de curtametraxe de ficción. Álvaro Gago por Matria.

– Premio á mellor dirección de curtamentraxe documental. Noemi Chantada por La mujer invisible

– Premio á mellor dirección de longametraxe de ficción. Andrés Goteira por Dhogsfilme

– Premio á mellor dirección de longametraxe documental. Paula Cons por La batalla desconocida

– Premio á mellor dirección de obra experiemental. Eloy Domínguez Serén por Soli soli.

– Premio á mellor dirección de programa de TV. Antonio Vilaseco por Informe Robinson

– Premio á mellor dirección de serie de TV. Carlos Sedes e Jorge Torregrossa por Fariña

-Mellor dirección de spot. Toño Chouza por Hertfordshire

– Mellor dirección de videoclip. Manu Viqueira por Sistema antisocial

– Mellor dirección de webserie. Jorge Boquete por Peter Brandon