Santiago de Compostela acolle o II Conecta Fiction (18-21 xuño)

 

 

Conecta Fiction reunirá por segundo ano consecutivo na Ciudade da Cultura de Santiago de Compostela a destacados profesionais de Europa e América co obxectivo de fomentar e incentivar a creación, desenvolvemento, produción e coprodución de series de ficción. Así, do 18 ó 21 de xuño, ofrecerá un extenso programa de actividades co que se facilitará o networking e conectará de novo á industria da ficción para televisión de ambos lados do Atlántico.

Como explican na súa web, “Conecta FICTION é un evento de 3 días de duración no que a creatividade, ou financiamento e a coprodución de contidos de televisión toman ou verdadeiro protagonismo. Os obxectivos deste evento son:

-Xerar un punto de encontro entre os dous mercados máis creativos e abertos ao intercambio industrial e cultural dos contidos de ficción audiovisual.

-Fomentar o intercambio e a internacionalización entre persoas autoras, produtoras e cadeas de televisión destes países para a creación, produción e emisión de contido de ficción televisiva.

-Dinamizar a industria audiovisual nacional e internacional e fomentar os acordos de produción e coprodución.

-Impulsar as relacións profesionais e de negocio na fase de desenvolvemento dos proxectos audiovisuais.

“Conecta FICTION realza o seu carácter de evento internacional de copro e networking poñendo o foco en dous países, cada un dun continente: Alemaña e Colombia.

Ambos os países recibirán unha atención especial e as súas industrias, así como as súas producións e talento, estarán moi presentes nas principais actividades do evento.

Conecta FICTION ofrece un programa con 4 actividades principais:

  • Reunións One-to-One: meetings no espazo chamado A Caixa de Ficción
  • Conferencias, talleres e desenvolvemento de paneis e casos de estudo
  • Sesións de pitching de proxectos de televisión (series e mini-series) para a coprodución internacional, de series dixitais e de proxectos de televisión procedentes dos laboratorios da Fundación SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores)
  • Proxeccións de series e mini-series durante o día e estreas internacionais durante a noite”

Con 400 profesionis de 17 países de Europa, Estados Unidos e Latinoamérica, contará coa asistencia de produtores, plataformas de OTT, inversores, creativos, distribuidores, guionistas, axentes representantes de talento e máis de 35 canles internacionais de televisión. Ademais, está confirmada a participación dos principais grupos de TV de España (RTVE, Atresmedia, Mediaset, Movistar +) e a colaboración da TVG y do Grupo Secuoya.

Geraldine Gonard, directora de Conecta Fiction, resume o obxectivo planteado para a segunda edición do encontro internacional: “A primeira edición de Conecta Fiction resultou muy útil para os seus participantes, ofreceuse unha oportunidade para o networking entre produtores e talento e sabemos que realmente funcionou. A nosa prioridade para esta edición é potenciar ó máximo a utilidade de Conecta como plataforma de contacto entre Europa e América. Para logralo, imos a crear e implementar actividades que melloren a cultura da coprodución e a fomentar un ambiente de traballo único e intensamente produtivo. Ésta é a fórmula coa que queremos identificarnos e coa que queremos axudar ás empresas a mellorar os seus resultados.

O evento inaugúrase mañá luns 18 de xuño no Auditorio Abanca situado no centro histórico de Santiago de Compostela e contará coa presencia de autoridades locais e representantes dos promotores e colaboradores do evento. Durante esta Gala de apertura, e trala presentación oficial da segunda edición de Conecta Fiction, proxectarase en premiere un capítulo de Limbo,miniserie web da plataforma Playz de TVE. A serie, unha coprodución entre Arxentina e España, conta coas actuacións de Ingrid García Jonsson, Eloy Azorín e Demián Salomón.

Paneis e casos de estudio

 

O mundo da coprodución das series de ficción vai ser analizado en profundidade por destacados ponentes internacionais a través de paneis e casos de estudo. O martes 19 unha parte do programa resérvase para a realización dos pitchings de proxectos e o mércoles 20 abordarase o panorama da industria audiovisual de Colombia e Alemania, países ós que se adica a sección Focus On.

Entre os panelistas da segunda edición de Conecta Fiction están confirmados nomes como Francisco Cordeiro, Founder and CEO de BTF Media, Alberto Fernández Torres, Subdirector de Contidos Transmedia da plataforma de TVE Playz, Eduardo Basearche, director de Secuoya Nexus (Grupo Secuoya), Deirbhile Ní Churraighín, Responsable de Adquisicións TG4 Irlanda, Peter Nadermann, Director Xeral de NADCOM, e María Iregui, VP de Negocios Estratéxicos e Canles de RCN Colombia.

Algúns dos paneis estelares, baixo a denominación Case Study, serán os dedicados á presentación das series Vivir Sen Permiso, producida por Mediaset España, que contará coa presenza do seu produtor executivo Aitor Gabilondo. Hierro producida por Portocabo, España, Movistar+ España, Atlantique Productions, Francia e Arte e a coprodución O sabor das Margaridas da produtora galega CTV e Televisión de Galicia que conta con Comarex como distribuidor internacional, e que dará a coñecer durante Conecta Fiction o nome do player internacional que se sumou como coproductor da mesma.

Outro panel de referencia será o dedicado á adaptación da serie  Skam en diferentes territorios e no que intervirán Marianne Furevold, Produtora Executivo de NRK, Christian Gockel, EVP vendas internacionais e adquisicións de Betafilms, Nathalie Biancolli, directora de adquisicións e coproducións da cadea francesa TF1 e Francisco Rubén Araujo, Responsable Contidos Orixinais de Movistar+.

Dentro do programa oficial, baixo a denominación  Meet Them, realizaranse 3 presentacións de empresas; Sociograph Neuromarketing, que realizará unha demostración de Neurociencia e análise de contidos audiovisuais en directo, Weekend Studio, produtora española que comeza a súa andaina internacional apostando forte pola internacionalización e a presentación do novo fondo mexicano de financiamento audiovisual VCS Capital.

No capítulo Masterclass confirmáronse dúas sesións, a cargo de Javier Oliveirais, Showrunner e Produtor Executivo en Globomedia- Mediapro, España, e da Showrunner colombiana Juliana Barreira, Produtora Executiva de La Esclava Blanca de Caracol TV. Completando o avance de contidos do programa oficial inclúense os screenings da serie Señor Ávila de HBO Latin America e o showcase de Fox Networks Latam.

 

Sesións de pitching

 

A continuación, Telemundo International Studios ofrecerá en exclusiva para los participantes en Conecta Fiction el primer episodio de su primera serie premium El Recluso protagonizada por Ignacio Serricchio y Ana Claudia Talancón. La producción cuenta con la dirección fotográfica de Jaime Reynoso (Aquí en la Tierra, Bloodline, Shooter, Ballers, The Glades, Burn Notice) y el diseño de producción de la ganadora del Oscar, Brigitte Broch (Moulin Rouge, Babel, Amores Perros, 21 Gramos, Romeo + Julieta, Sexo, Pudor y Lágrimas).

El Recluso está producida por Inna Payan, ganadora de la sección Una cierta mirada, Festival de Cannes 2013 por La jaula de oro que también obtuvo 9 premios Ariel de la Academia Mexicana de Artes y Ciencias Cinematográficas; y quien se alzó con el Premio de Amnistía Internacional del Festival de Cine de Berlín 2017 con La libertad del diablo.

Con 5 sesións de pitching de diverso formato, Conecta Fiction reforza a súa aposta por descubrir e apoiar aos autores, guionistas, directores e produtores ampliando o espazo dedicado á avaliación de proxectos:
Sumados aos Pitch Copro Series e Pitch de SGAE, o evento impulsará este ano en conxunto con Playz un pitching específico de series dixitais Pitch Digiseries, abrirase a novos formatos de Pitching como é o Pitch Clip e promoverá novas vías de financiamento de contidos co Certame de Pitch Branded Content de Estrela Galicia.
Tras unha intensa xornada de Pitchings, o martes 19 de xuño pola noite celebrarase no centro da cidade, Teatro Abanca, un acto no que representantes de TVE, a súa plataforma dixital Playz, Movistar+ e Estrela Galicia, darán a coñecer os nomes dos proxectos seleccionados nas diversas categorías. O apoio de TVE plasmarase na selección de polo menos un proxecto de ficción para financiar o seu desenvolvemento, e este ano, como novidade, incluirá tamén a selección dalgún proxecto de serie dixital a través de Playz. Movistar ofrecerá igualmente un acordo de desenvolvemento e Estrela Galicia premiará a creatividade, a orixinalidade e a innovación con 3000 Euros para o desenvolvemento do proxecto e o gañador ou gañadores recibirá ademais o seu peso en cervexa.
A continuación, Telemundo International Studios ofrecerá en exclusiva para os participantes en Conecta Fiction o primeiro episodio da súa primeira serie premium El Recluso protagonizada por Ignacio Serricchio e Ana Claudia Talancón. A produción conta coa dirección fotográfica de Jaime Reynoso (Aquí en la Tierra, Bloodline, Shooter, Ballers, The Glades, Burn Notice) e o deseño de produción da gañadora do Óscar, Brigitte Broch (Moulin Rouge, Babel, Amores Perros, 21 Gramos, Romeo + Julieta, Sexo, Pudor y Lágrimas). El Recluso está producida por Inna Payan, gañadora da sección Una certa mirada, Festival de Cannes 2013 por La jaula de oro que tamén obtivo 9 premios Ariel da Academia Mexicana de Artes e Ciencias Cinematográficas; e quen se alzou co Premio de Amnistía Internacional do Festival de Cinema de Berlín 2017 con La libertad del diablo.

Colombia e Alemaña

 

Na súa segunda edición, Conecta Fiction realza o seu carácter de plataforma de conexión e networking poñendo o foco en dous países que pola súa capacidade de produción de contidos, o seu panorama de incentivos fiscais e a calidade dos seus contidos resultan especialmente atractivos: Alemaña e Colombia. Ambos países serán os máximos protagonistas do mércores día 20 cun programa que incluirá un panorama xeral da produción de ficción televisiva de cada un deles. Ademais, hai programado un encontro de cada unha destas delegacións con produtoras do Clúster Audiovisual Galego.

 

PROGRAMA DO CONECTA FICTION