“Matria” (Álvaro Gago), arrasa no XV Festival de Cans

 

 

Era o grande favorito, co peso que supón ser premiado no festival (Sundance) máis importante do mundo do cine independente. A pesar de todo, poucos imaxinaban que a curta de Álvaro Gago lograría algo inédito no Fesitval de Cans: 4 galardóns: mellor curtametraxe de ficción, premio do público, premio AISGE á mellor interpretación feminina (para Francisca Iglesias) e premio do xurado dos veciños. Estes galardóns súmanse ao xa impresionante percorrido por certames internacionais deste relato dun día na vida de Ramona, unha muller que se refuxia na relación coa súa filla e a súa neta diante do seu duro traballo nunha conserveira e a falta de comunicación co seu marido. Álvaro Gago repite así éxito en Cans, onde xa gañou o premio a mellor curta por Curricán en 2015.

Entre o resto do palmarés destaca o gran nivel da sección de Animación, de onde dúas das películas levaron premios nas categorías xerais: o premio AGAG a mellor guion (Luis Usón por Afterwork) e o da mellor banda sonora orixinal (Raúl Costafreda por Sea). Así e todo, foi El relojde Borja Santomé, a que se alzou co premio a mellor curtametraxe animada.

Europa, de Hugo Amoedo, abriu o palmarés de FuraCans, a nova categoría competitiva do Festival para filmes de non ficción. Completan o palmarés as Also Sisters (Premio CREA á mellor realización), Eloi Sánchez Palau (Premio AISGE á mellor interpretación masculina por Después de la bandera) e dúas mencións especiais dos xurados: A cat in the window, de Félix Brixel (en ficción) e La mujer invisible, de Noemi Chantada.

 

PALMARÉS COMPLETO

 

Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Matria, de Álvaro Gago

 

 

Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: El reloj, de Borja Santomé

 

 

Premio do xurado á mellor curtametraxe de non ficción (FuraCans): Europa, de Hugo Amoedo

 

 

Premio do público á mellor curtametraxe: Matria, de Álvaro Gago

 

 

Premio do xurado dos veciños e veciñas á mellor curtametraxe: Matria, de Álvaro Gago

 

 

Premio AISGE do xurado á mellor interpretación masculina: Eloi Sánchez Palau, por Después de la bandera

 

 

Premio AISGE do xurado á mellor interpretación feminina: Francisca Iglesias, por Matria

 

 

Premio CREA do xurado á mellor realización: Miriam Albert Sobrino e Sonia Albert Sobrino (Also Sisters) por The Film Machine

 

 

Premio AGAG do xurado ao mellor guion: Luis Usón por Afterwork

 

 

Premio do xurado á mellor banda sonora: Raúl Costafreda por Sea

Premio do xurado ao mellor videoclip: “Omertá”, de Gero Costas para BALA

Premio do público ao mellor videoclip: “Sobre el mismo alambre”, de Miryam Pato para Silvia Penide con Eladio Santos.

Premio da Can Parade: Jessica Ramilo, “Jess”.

Mención especial do xurado de ficción: A Cat in the Window, de Félix Brixel

Mención especial do xurado FuraCans (non ficción): La mujer invisible, de Noemi Chantada