25 maio: Estreas de “A batalla descoñecida” e “Sitio distinto”

A cineasta galega Paula Cons é a gran protagonista da fin de semana no Cinema NUMAX, ó ofrecer presentación e coloquio do seu filme La batalla desconocida, galardoado ao mellor documental nos Mestre Mateo. O filme propón unha viaxe no tempo até os anos da Segunda Guerra Mundial, onde tivo lugar en terras galegas unha encarnizada loita polo volframio, un mineral galego de importancia capital para a contenda bélica que o goberno franquista vendeu ao exército nazi, desencadeando nas zonas de extracción unha febre máis propia do lonxano oeste.

Os pases presentados pola directora continuarán mañá sábado 26 ás 17:30, se ben o filme terá pases durante toda a semana en NUMAX.

 

 

 

 

 

 

Por outra parte, Davide Cabaleiro estra mañá sábado no Teatro Colón da Coruña Sitio distintodocumental sobre a emigración de galegos ó País Vasco.

 

Tráiler Sitio distinto