IX Mostra de Cinema Periférico de A Coruña (25 maio -3 xuño)

 

 

 

Este vernes dará comezo unha das citas ineludibles do ano para os cinéfilos na cidade de A Coruña, a IX Mostra de Cine Periférico, co obxectivo, en palabras do seu director Ángel Rueda, de xerar “un espacio de creación, coñecemento, diálogo e encontro entre cineastar galegos e internacionales”:

O Festival inaugurarase o vindeiro venres día 25 coa proxección dunha das obras mestras do cinema mudo: A paixón de Xoana de Arco (C.T. Dreyer) coa música Voices of Light, do prestixioso compositor estadounidense Richard Einhorn, interpretada en directo polo coro e orquestra Gaos.

 

 

 

Nesta edición, a Mostra centrarase no tempo. “O ADN do cine”, comentou Rueda. É a forma de pechar unha triloxía temática que comezou en 2016 coa luz e continuou o ano pasado cos objxectos cinematográficos como protagonistas. Ademais, este ano analizarase o cine estructural de Ernie Gehr, Kurt Kren, Scott Stark o Chris Kennedy comprendidos na sección “Lux Algebra”, que tamén albergará obras de diversos artistas internacionais nos apartados “Patrón de interferencias” ou “Métrica e rima” como Johann Lurf, Ryszard Wasko,Moira Sweeney, Pere Ginard ou a galega Blanca Rego con RGB Colour Model: “Animación dixital intensamente intermitente, configurada a través da síntese aditiva do modelo de cor RGB (Red-Green-Blue). A súa ruidosa translación sónica é o resultado de gardar os frames como arquivos de audio. Non apta para epilépticos”.

 

 

 

 

Outras seccións estarán adicadas a retrospectivas de cineastas como Philip Hoffman, Friedl Vom Gröller, Pablo Mazzolo ou os 50 anos de vida da Canyon Cinema, organización de cinema independente e experimental sen ánimo de lucro con base en San Franciso. Esta sección ofrecerá diversos filmes distruidos pola firma.

 

 

CINEMA GALEGO

 

Ademais da antes mencionada Blanca Rego, a sección “Desbordamentos” ofrecerá, entre outras, a curta de Tono Mejuto Reliefs:

“Reliefs é unha película estereoscópica en tres capítulos arredor da cidade de Toronto, filmada no marco da primeira Residencia de creación Cinematográfica BAICC e coa colaboración do Lift (Liason of Independent Filmmakers Toronto). Nela, Tono Mejuto propón un percorrido en tres niveis por esta cidade durante algúns días de inverno.

Filmada en celuloide en cor e branco e negro de 16mm a proxección alterna medios dixitais e analóxicos nun único pase. O uso desta imaxe estereoscópica, máis aló de como se veu empregando na industria dos últimos tempos, é capaz de provernos desta calidade háptica, na que a percepción, o corpo e os sentidos, son capaces de ofrecernos novas informacións acerca de nosa propia experiencia do real. Doutra banda, o feito de empregar celuloide en 16mm transforma a imaxe 3D á que estamos habituados, levándonos máis preto desa experiencia fotográfica inicial do visor estereoscópico e as súas postais de cidade”.

O filme de Mejuto compartirá sección cos cineastas Pablo Mazzolo, Ojoboca e Scott Stark.

 

 

O S8 tamén adicará unha sección (Sinais) exclusivamente ó cinema galego, cun apartado especial adicado cineasta ourensá Maria Ruido, e outro (Sinais en curto), con diversos filmes de realizadores galegos. De María Ruido proxectaranse La memoria interior, Lo que no puede ser visto debe ser mostrado, Plan Rosebud 1 (Crime Scene), Plan Rosebud 2 (Calling the ghost), El sueño ha terminado, El ojo imperativoMater Amatísima. Imaginarios y discursos sobre la maternidad en tiempos de cambio. A galega tamén protagonizará unha das exposicións do festival e unha Conferencia sobre “A imaxe que (se) pensa. O cinema como territorio para reflexionar sobre o cruzamento entre capitalismo neoliberal e saúde mental”.

 

 

“Sinais en curto” está composto polos seguintes filmes: A mosca (Alberte Pagán), Pezas imposibles (Lara e Noa Castro), M. (Manuel Moldes-Pontevedra Suite, 1983-1987) (Ángel Santos), Plus Ultra (Helena Girón e Samuel Delgado) e Fogos (Marcos Pérez e Martin Pawley).

 

 

 

Durante o (S8), ademais de proxeccións, organizaranse ponencias e encontros profesionais nos que participarán responsables da programación do Festival Internacional de Cine de Berlín ou o DocsLisboa.

Como novidade, haberá tamén obradioros e seminarios para artistas e veciños en xeral. “Que non esté aberto só a cineastas”, apunta o director do festival, no que tamén se dará un impulso a iniciativas específicas vinculadas ó ámbito da educación e a inclusión.

Entre as propostas deste ano, destacan as exposicións  “O cinema en papel“, e outras dúas, aparte da xa mencionada sobre María Ruido, sobre as obras de Ernie Gehr e Lis Rhodes.

En canto ás conferencias, súmanse á de María Ruido, a da fotógrafa e cineasta Friedl Vom Gröller, quen falará da “estreita relación entre o seu traballo nos dous medios”. Philip Hoffman ofrecerá un obradoiro de catro días baixo a filosofía do que el chama “o Process Cinema”. Tamén se ofrecerá un Seminario sobre Crítica de Cinema Experimental impartido polos críticos Alberte Pagán (Premio da Crítica en Galicia en 2016), Francisco Algarín (Revista Lumière) e Mónica Delgado (Desistfilm). Finalmente, o cineasta arxentino Pablo Mazzolo ofrecerá un obradoiro moi especial no que “os participantes desenvolvan a súa percepción subxectiva e singular sobre a imaxe e a traduzan nunha obra audiovisual. Unha cita didáctica levada a cabo polo (S8) en colaboración coa Asociación Asperga, onde o cinema se converte nunha ferramenta expresiva e inclusiva para xente nova con capacidades diferentes, e que desembocará na realización dunha peza audiovisual persoal de cada participante”.

Para terminar, citar dous eventos máis: Un “encontro de proxectos educativos e audiovisuais“, no que se convocará “a un grupo de proxectos educativos e de residencias nos que a apertura de miras prima, e nos que hai un lugar especial para o cinema experimental e as novas formas de creación audiovisual” e INPUT, un “Espacio de titorización personalizada de proxectos cinematográficos en desenvolvemento”.

 

PROGRAMACIÓN