Palmarés do III Festival Internacional do Cine Inclusivo de Vigo: Javier Fesser, gran triunfador

 

Gonzalo Suárez, director do Festival

 

O pasado sábado rematou o III Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo, con Javier Fesser como gran triunfador. E non só polos dous premios obtidos pola súa curta 17 años juntos. Na apertura do Festival o pasado xoves, a proxección da súa película Campeones nos cines Yelmo foi todo un éxito de asistencia e crítica.

 

Gonzalo Suárez en primer término con parte do staff do Festival e do equipo de “Campeones”

 

 

Así a todo, deixamos aquí o palmarés completo dun Festival que crece de forma exponencial cada ano convertíndose nun referente cinematográfico e social a nivel nacional:

 

O premio GADIS ao mellor documental: Defiant Lives de Sarah Barton e Unrest de Jennifer Brea.
O premio AGAG ao mellor guion: 17 años xuntos, de Javier Fesser e Claro García.
O premio CREA á mellor dirección: Como yo te amo, de Fernando García-Ruiz.
O premio do público Carlos Conde Progreso á mellor curtametraxe: 17 años juntos, de Javier Fesser.
O premio do Xurado á mellor curtametraxe: Madre, de Rodrigo Sorogoyen.