“Trinta lumes” (Diana Toucedo), premio da crítica no D´A Film Festival de Barcelona

 

O xurado da crítica do D´A Film Festival de Barcelona, formado por Ignasi Franch, Daniel Jiménez Pulido e Daniel Pérez Pamies, e concedido coa colaboración da ACCEC (Asociación Catalana de Crítica e Escritura Cinematográfica) concedeu o premio da crítica a Trinta lumes da directora Diana Toucedo “polo seu diálogo entre o cine fantástico e o documental, conxurando fantasmas e capturando formas de vida en peligro de extinción”.

 

 

O galego Lois Patiño formou parte do xurado oficial do Festival, cuxo palmarés completo foi o seguinte:

 

Premio Talents D’A 2018: Village Rockstars de Rima Das

Mención especial: 3/4 de Ilian Metev (ex-aequo Con el viento de Meritxell Colell)

Premio de la Crítica del D’A 2017: Trinta lumes de Diana Toucedo 

Mención especial: Ava de Sadaf Foroughi

Premio del público: The Green Fog de Guy Maddin, Evan y Galen Johnson

Premio del plúblico Sala Jove: Night is Short, Walk on Girl de Masaaki Yuasa