15 xuño: Estrea en Vigo de “Nove de novembro”, ópera prima de Lázaro Louzao

 

 

O venres 15 de xuño, Multicines Norte, en Vigo, acollerá a presentación da ópera prima de Lázaro Louzao (director, produtor, guionista) Nove de novembro, primeira película galega de temática LGTB, protagonizada por Ademar Silvoso e Brais Yanek, e da que hai máis de un ano xa falaramos neste blog.

Hilario Pérez Louzao  (Xove, Lugo, 1988), formouse en Santiago de Compostela como Técnico Superior en Fotografía Artística por la EASD Mestre Mateo e Máster en Arte e Comunicación polo Centro Apple ACME Galicia ademais de obter en 2014 o Grado de Comunicación Audiovisual na UPV/EHU.

Antes de lanzarse á aventura da súa primeira película, Louzao realizou as curtametraxes Los seres sombríos (2013), La luz que no vemos e CRAC (2014).