2-5 maio: III Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo

 

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo, celebrará a súa III edición do 2 ó 5 de maio no Auditorio do Concello de Vigo, abordando nunha das sesións a cuestión do desexo sexual nas persoas con diversidade funcional. A edición deste ano está adicada especialmente á visibilización das personas con TEA (Trastornos do Espectro Autista).

 

Gonzalo Súarez (presidente de AGAIN) con Abel Caballero, alcalde de Vigo, presentado o cartel

 

MÉRCORES 2

 

O mesmo mércores pola tarde se proxectará o documental Esquece Monelosde Danga Danga Audiovisuais, que no 2017 alzouse co premio ó mellor documental, mellor dirección de fotografía (Jaime Pérez) e montaxe (Sandra Sánchez). A xornada rematará con Unrest, documental de Jennifer Brea no que o directora fala en primeira persoa do síndrome de fatiga crónica.

 

XOVES 3

 

O xoves o público poderá disfrutar de Octubre (Carlos Tejero), documental sobre o TEA e posteriormente da curta My dad Matthew (John Schaffer) sobre a relación entre un fillo e o seu pai con discapacidade. Máis tarde, Defiant lifes (Sarah Barton), documental sobre a tarefa dos activistas polos dereitos das persoas con discapacidade nos EEUU, Gran Bretaña e Australia. A xornada remata con a que pode ser a película española do ano, Campeones, protagonizada polo galego Javier Gutiérrez, pase que contará coa presencia do seu director Javier Fesser.

VENRES 4

 

Son novidade as sesións matinais para escolares, durante as cales se proxectará o venres día 4 a serie de Netflix Atypical, que narra as aventuras dun rapaz con autismo que, coa súa decisión de buscar noiva provocará profundos cambios na súa vida e na da súa familia. Trala proxección da serie, as asociacións Autismo Vigo e TEAVI darán a coñecer a realidade das persoas con TEA ós escolares, cos que manterán un coloquio. A actividade enmárcase nunha colaboración entre a Consellería de Educación e AGAIN (Asociación Galega Audiovisual Inclusiva), organizadora do Festival, presidida por Gonzalo Suárez.

Pola tarde, dous documentais: Swin Team (Lara Stolman), onde adolescentes con TEA compiten nun equipo de natación, e Los niños (Maite Alberdi), sobre a vida adulta das persoas con Síndrome de Down. Retama a xornada coa presentación por parte do profesor Robert Casas, da Universidade Hood College (Frederick, Estados Unidos) de “Deseos proyectados: sexualidad, empatía y reivindicaciones políticas” no film Vivir y otras ficciones (Jo Sol). Trala charla proxectarase a película, presentada na 64º edición do Festival de San Sebastián e premiada entre outros galardóns coa Violeta de Ooro do Festival Cinespaña de Toulouse (Francia). Unha cinta sobre a necesidade sexual e as dificultades que encontran as persoas con diversidade funcional para satisfacela, situando ó espectador nun lugar incómodo e invitándoo a reflexionar.

SÁBADO 5

O Festival tamén proxectará a webserie Generación Wifi o sábado 5 de maio ás 11 da mañá no Auditorio Praza do Rei, tras unha conversa previa coa súa directora Julia Castro. Esta peza está protagonizada por Valeria, unha trintañeira en paro enganchada ás novas tecnoloxías. Canda ela estarán compañeiros do traballo con síndrome de Down, a súa mellor amiga que é cega e o seu veciño, un rapaz xordo. Entre todos axudarán a Valeria a ver a vida dende outra perspectiva.

A continuación, ás 11:45 horas, o profesor da Universidade de Vigo Pablo Romero, director do novo observatorio galego de accesibilidade aos medios (GALMA), ofrecerá unha charla sobre cine accesible. Nela se presentará a iniciativa accesible filmmaking (produción cinematográfica accesible), que consiste na integración da tradución e a accesibilidade como parte do proceso de produción cinematográfica e na que leva traballando dez anos coa ONU, gobernos, produtoras e universidades de todo o mundo, promovendo un cine que ten en conta non só a os espectadores da versión orixinal, senón tamén aos das versión traducidas e accesibles.  Ambas propostas son de acceso gratuito ata completar aforo.

Xa a partir das 18 horas, proxectaranse as curtas Pingas (Déborah Vukusic), a premiada en Sundance Matria (Álvaro Gago), Fumando Espero (J.A. Blanco), Castrati (Edu Lavandeira), Como yo te amo (Fernando García-Ruíz), Exhalación (Al Díaz), Escarabana (Sara Casasnovas), La madrina (Pedro Sancho), Madre (Rodrigo Sorogoyen) e 17 años juntos (Javier Fesser).