2-5 maio: Ourense ICC Week

 

O vindeiro 2 de maio comezará en Ourense a Semana das Industrias Culturais e Creativas

Segundo indicou o presidente da Deputación Manuel Baltar, nesta edición asisteremos a unha “homenaxe a unha certa década absolutamente creativa como foron os 80, contando con Ouka Leele, Paco Clavel, Nacho García Vega, Mikel Erentxun ou Javier Mariscal”.

A esto hai que engadir un simposium sobre arte rupestre que se desenvolverá no marco de San Pedro de Rocas -o xoves 3 de maio- ou a entrega do galardón Musa de creatividade da Sociedade Xeral de Autores de España (SGAE)  “a un letrista de auténtico nivel como é Yosi Domínguez, o líder de Los Suaves, medalla de ouro da provincia”, según apuntou o presidente provincial; unha entrega que contará coa presencia do presidente da SGAE, José Miguel Fernández Sastrón.

Os maís mozos tamén terán o seu espacio nesta edición con citas como a do xoves 3 de maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel sobre o “Sentido da creatividade” e que contará coa presencia de Raquel Córcoba (a ilustradora e bloguera Moderna de Pueblo) e os humoristas Rober Bodegas, Alberto Casado ou Juan Ramón Bonet. Ou o Technium Encounter.

A maior parte das actividades da programación da ICC Week “son gratuitas pero é necesario anotarse previamente a través de ticketea.com.

Non faltará o espacio ICC Kids, que arrancará o venres 4 de maio e incluirá, entre outras ofertas, a Waterlight Graffitti ou instalación dunha pantalla LED xigante ó aire libre sobre a que os nenos interactuarán “coa auga como elemento creativo”, sinalou Manuel Araújo, un dos organizadores.

Juan Rivas, o outro responsable da organización desta edición da ICC Week, destacou a presencia de Javier Mariscal, premio nacional de deseño e europeo á mellor película de animación da UE con Chico y Rita. Explicou que compartirá coloquio coa ilustradora e diseñadora gráfica María Grande, co que se abordará a cultura do deseño desde dos puntos de vista distintos: “O do autor consagrado e o da promesa que comeza a súa andadura”.

O monasterio de San Clodio, en Leiro, acollerá unha mesa redonda sobre a creatividade e o sector TIC, baixo o título “Unha viaxe hacia a sociedade do coñecemento”, e o Campus de Ourense recibirá, o domingo 6 de maio, o encontro ICC Gamers.

Baltar puxo en valor a relevancia desta edición onde os asistentes poderán “empaparse das últimas tendenzas”. Confiou en que a ICC Week sirva para “focalizar tódolos ámbitos da innovación” situando Ourense como “provincia creativa” así como “capital do debate da innovación e da creatividade”, a través de diferentes actividades que a ICC Week ofrece no arranque de maio.