“Dhogs” (Andrés Goteira) premio da crítica no Festival Internacional de Cinema Fantástico de Bruselas

A ópera prima do galego Andrés Goteira Dhogs acaba de recibir o premio da crítica do Festival Internacional de Cinema Fantástico de Bruxelas (BIFFF), un dos máis importantes do mundo neste xénero.

O filme dirixido por Andrés Goteira é a película máis laureada na historia dos premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego conseguindo 13 figuras en 15 categorías. Ademais anteriormente foi galardoada á Mellor Longametraxe nos Festivais Split de Croacia, Nocturna de Madrid, no que tamén recibiu o premio a mellor actor Carlos Branco e no Alxeciras Fantástica.

 

 

Dhogs ten un amplo percorrido en festivais nacionais e internacionais e foi a primeira película rodada en galego en chegar á Sección Oficial do prestixioso Festival de Sitges. O próximo 18 de maio estrearase en cinemas con preestreas o día 17 de maio con motivo da celebración das Letras Galegas. Previamente poderase ver a cinta no Festival Primavera de Cine de Vigo.