“Marisa calidade”: a nova comedia da TVG (“spin off” de “Pazo de Familia”)

 

 

A Televisión de Galicia estrea esta noite (22.15) Marisa Calidade, (Manolo Cortés) un spin off da serie Pazo de Familia que desvelará ós espectadores o que sucedeu coa parella formada por Marisiña e Tomaso anos despois da súa estancia na casa dos Pardo Veiga. Estes protagonistas estarán interpretados polos actores Iolanda Muíños e Víctor Fábregas.

De esq. a dereita: Víctor Fábregas, Ernesto Chao e Iolanda Muiños

 

A trama ambientarase na actualidade, na que a audiencia descubrirá a Marisa intentando montar unha tenda de alimentación baseada nos producos de cercanías. Tras unha bonita colección de fracasos, está convencida de que esta nova tendencia vai ter éxito.

Tomaso tamén tene un soño: montar un restaurante pequeno onde ofrecer unha cociña baseada en tapas de autor. Ó igual que Marisiña, está convencido de que esta iniciativa vai ter éxito. E é que tanto unha como o outro, eternos perdedores, levan anos buscando o seu sitio. O destino quere que os seus camiños se volvan a cruzar cando poñen os seus respetivos ollos no mismo local. O seu reencontro producirase ás portas dunha ferretería que agora está en aluguer, e enseguida comezará a súa rivalidade por conseguir agradar a Román (Ernesto Chao), o dono, interpretado por Ernesto Chao, para que lles ofreza o contrato. Completan o reparto Evaristo Calvo, Marta Lado e Marcos Pereiro.

 

De esq. a dereita: Marcos Pereiro, Evaristo Calvo e Ernesto Chao

 

Dando por sentado que forman unha parella, este home de forte personalidade acláralles que prefire alugarlle o local a un matrimonio. Este malentendido, que Tomaso e Marisiña non querrán o non poderán aclarar, é o punto de partida de “unha ficción chea de humor e de situacións hilarantes”, segundo a define a TVG.

Entrevista ós protagonistas

Entrevista ó director Manolo Cortés