4-7 abril: V Edición do Carballo Interplay

 

A quinta edicion do festival de contidos dixitais Carballo Interplay chegará a vindeira semana. Conversas, concertos, encontros e estreas irán en paralelo á competición oficial de webseries, propostas de acceso gratuito con cabida para o humor, a educación ou a reflexión. Youtubers como Percebes e Grelos e Belena Gaynor estarán aquí presentes, xunto a creadores como Abi Power, Perra de Satán ou Carlo Padial, así como o show de radio en directo Ojo Cuidao.

Conversas

Abi Power, Perra de Satán, Belena Gaynor e Teresa Segura departirán sobre como sería un mundo sen cánones de beleza. De outro lado, Percebes e Grelos, Abi Power e Perra de Satán abordarán a construcción dunha identidade pública en Internet. Completarase este ciclo, ademais de con docentes que impulsaron proxectos audiovisuais, cunha mirada ó multimedia e ó xornalismo orientado ós millenials, con profesionais de Tentaciones, Playground, Yass e Vice España.

 

Encontros

Próximos á idea de conferencia, nestes encontros estará o Código Fonte Audiovisual de Carlangas (Novedades Carminha), a consultora NoLegalTech e o programa Youtubeir@s.

Estreas

Unha das máis esperadas é o de Hai vida en Bran?, serie gañadora a pasada edición do premio ó mellor proxecto de webserie en galego. El punto frío é outra das estreas reseñables.

Concertos

Figuran no programa a francesa MounQup, gañadora do premio Narf da Deputación. Tamén o grupo vigués Igmig, coa súa mezcla de estilos insólita. Pechará o festival unha pinchada a cargo de Percebes e Grelos.

Na sección oficial do festival seleccionáronse 42 webseries das máis de 250 propostas de todo o mundo: 27 son de creación internacional, 11 participarán na categoría nacional e catro na galega. Entre as propostas máis destacadas deste ano destaca Mambo, unha produción dos creadores da célebre webserie Malviviendo, paradigma do formato low cost que triunfou na web.

 

PROGRAMACIÓN

 

MÉRCORES 4

O Festival comeza o mércores 4 ás 20:00 horas co campamento kamikaze na praia de Razo, seguido da proxección ás 20:30 no Pazo da Cutura da serie kamikaze.

 

XOVES 5

A mañá do xoves estará adicada ós debates A televisión e os contidos nativos de internet: experiencias e novas plataformas (10:30, con PlayZ, Flooxer, MTMAD e CRTVG) e En busca do talento dixital. Produción de contidos audiovisuais para novos medios  (a partir das 12:00, con VICE España, Globomedia, 2btube e Hitsbook).

Pola tarde, a partir das 16 horas, se proxectarán distintas webseries da sección oficial, mentres que o salón de actos acollerá a partir das 17:00 a chamada “zona pro” (“un espazo profesional pensado para conectar productoras e creadores e creadoras coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación que están apostando polos contidos dixitais de creación propia. Coa presenza, entre outros,de: PLAYZ (RTVEDigital), FLOOXER(Atresmedia), MTMAD (Mediaset), CRTVG, ViceGlobomedia, 2btube, Hitsbook, Infomix”).

Remata o día cun pitching de proxectos de webseries en galego (19:30, En galego, en construcción) e coa esperada estrea da webserie Hai vida en Bran? dirixida por Álgela Andrada e con Pastor Rodríguez, Cristina Mariño, Daniel Celester, Gonzalo Faílde, Maite Vilar, Benigno Suárez e Ewa Jakubowska, e coa colaboración especial de: Isabel Blanco, Cristina Iglesias, Monti Castiñeiras e Fernando González.

 

 

VENRES 6

O venres acollerá unha ponencia da empresa No Legal Tech sobre a seguridade nas redes (10:00h) e De aula á rede, (11:00h) “experiencias de creación audiovisual en secundaria”. Ás doce poderedes disfrutar do show de radio en vivo Ojo Cuidado , presentado por Víctor Grande e con Oswaldo Digón, Pedro Brandáriz, Luis Pousada ou Iago Gordillo.

 

 

 

 

Ás 12:30 debatirase sobre Youtube, Instagram e outros espellos dixitais con Abi Power, Perra de Satán e Carolina Iglesias. Ás 13:00 chega a sesión vermú con MounQup, creación musical da artista francesa Camille Hedóuin.

Ás 16:00, os máis pequenos (maiores de 9 anos) poderán participar nun obradoiro de electrónica. Á mesma hora se proxectarán máis webseries da sección oficial. Ás 17:00 comeza un obradoiro sobre narrativa de vídeo de redes sociais , máis proxección de webseries ás 17:30 e ás 19:00, encontro cos youtubers Eira Losada, Nuria Espasandín e Xacobo de Toro Cachorrón.

Remata a xornada coa estrea da webserie El punto frío (PlayZ), rodada en Galicia e dirixida por Alberto Ortega e protagonizada por Natalia Rodríguez, David Solans e Lola Baldrich. Xa a partir das 23:00 ponse o broche final co show Guasa & Melanco, con Carlo Padial.

 

 

SÁBADO 7

O último día do Carballo Interplay comeza as súas actividades ás 10:00 coa conversa Tendencias, multimedia e xornalismo para Millenials na que participarán Iago Ferández (director de Tentaciones, El País), Noa Cid Blanco (VICE España), Guillermo Carreras-Candi e Josune Imizcoz (directores do departamento de vídeo de PlayGround) e Beatriz Cepeda (Yasss). Ás 10:00 tamén poderán disfrutar dun novo obradoiro de biotecnoloxía os nenos maiores de 6 anos.

Ás 11:30 chega o turno para Belena Gaynor e Carolina Iglesias, que conversarán sobre Como petamos as redes con Operación Triunfo. Ás 13:00, Carlos Pereiro “Carlangas (Novedades Carminha) presentará o seu Código Fonte Audiovisual.

Novas proxeccións de webseries ás 16:00 e ás 17:30 seguidas da tertulia con Abi Power “se a beleza con existise”. Ás 21:00 chegará a gala de clausura, presentada por Akira Valero e dirixida por Sandra Lesta. Na gala se gravará en directo Mulleres e tecnoloxía: ¿unha unión imposible?, capítulo do programa Misterios de Universos Para-lelos. Remata o Festival a partir das 00:00 coa Festa de Clausura con Igmig e Percebesygrelos DJ.

A continuación podedes consultar a SECCIÓN OFICIAL e a PROGRAMACIÓN completa por días, ademais do XURADO, composto pola directora Anxos Fazáns, o guionista Óscar Cruz, a actriz María Tasende, o xornalista Iago Fernández (Tentaciones), a crítica de cine Desirée de Fez e o guionista e realizador Carlo Padial.