26-29 abril: o Festival Redondela en Curto exhibirá 30 filmes

 

 

O XIV festival de curtametraxes de Redondela terá lugar do 26 ó 29 abril e proxectará 30 filmes. O xoves 26 terá lugar a presentación do festival a partir das 21 horas no multiusos da Xunqueira.

Destaca a aposta pola sección Cine no Ensino que nesta nova edición chegará a 1.400 escolares de todo o municipio. Unha das sorpresas deste año é a presencia dos actores Mabel Rivera e Monti Castiñeiras no acto inaugural xunto co redondelano Andrés Giráldez. O acto terá lugar o xoves ás 21 horas e estará presentado por Miguel Borines. Durante os catro días de duración do festival, proxectaranse no Multiusos de A Xunqueira as 16 curtas da Sección Oficial, de entre as 700 presentadas. O Festival contará coa sección Cine Galego, na que se pretende dar un impulso a filmes da comunidade, e coa sección  Curtísimas, que achega ó público unha selección de películas de menos de catro minutos de duración. Ambas seccións se celebrarán tamén no multiusos.

As obras da Sección Cine Galego serán: El último adiós (Con2Estudios), Escarabana (Sara Casasnovas), Bágoas de ouro (Concello de A Pobra de Caramiñal) e Bágoas negras (Uxía Santiago).

A sección Andaina, que pretende facer visible a diversidade funcional, terá lugar do 23 ó 27 de abril con diferentes proxeccións dirixidas a 1.400 escolares de Redondela e Arcade. Os alumnos terán así a posibilidade de votar ó seu filme favorito. Ademais haberá charlas co deportista paralímpico Juan  Saavedra, o Hand  Biker -bici adaptada- fundador do proxecto  working  wheels, Alex  Ferradas; o xogador de  Bocchia e Slalom Fran Díaz; Mauro Rodríguez, a primeira persoa con síndrome de Down en Galicia en conseguir unha plaza nunha oposición estatal; Adrián Rodríguez; unha monitora dun comedor e unha persoa do Centro Lenda.