Entrevista ó xornalista da TVG Moncho Lemos

 

 

 

Déixovos a entrevista que recentemente fixen ó xornalista da TVG Moncho Lemos dando un repaso ó panorama audiovisual actual, facendo fincapé, evidentemente, no galego. Falamos de todo un pouco: Mestre Mateo, igualdade de xénero, Fariña, Serramoura, Dhogs… Cine, series, Internet, tecnoloxía…. En fin, de todo un pouco. Ahí vai:

 

 

 

Comezamos coa Gala dos Premios Mestre Mateo. ¿Cumpriu as túas expectativas? Polo menos imaxino que con Dhogs

Cuaquera outra cousa que fora que non triunfara Dhogs sería desconcertante. Foi sen dúbida a película galega con máis proxección do último ano por varios motivos. Primeiro, polo seu paso por distintos festivais, Logo tamén por ese formato atípico de pre and postproducción que incluía dende o crowfunding ata as aportacións de veciños, pasando polo feito de que xente amateur consegue liar, no bo sentido da palabra, a actores profesionais para que participen na ópera prima dun autor totalmente descoñecido no ámbito da dirección e realización galega. Pasa por Sitges, onde tódolos medios tíldana de inclasificable, no bo sentido da palabra. “Unha extraña anomalía” que eloxian no cine fantástico español, etc.

Teño moita curiosidad por ver como será recibida esta película nas salas de cine (estréase en maio) porque estamos falando dunha película que choca coa distribución multisalas. Está claro que é unha película que triunfa en festivais, mais para un público xeralista teño as miñas dúbidas de como poida funcionar. Espero que teña unha recepción polo menos correcta, pero creo que é un producto que require unhas salas especiais de proxección. Coido que sería un erro estreala nas salas de, por exemplo, Cinesa. Véxoa máis en salas de cine de autor, tipo Cines Compostela ou Numax en Santiago, ou os Norte en Vigo. Creo que é unha película que require un circuito determinado.

Estreándose en maio espero que non se dilúa por entón o efecto Mestre Mateo, xa que normalmente as películas cando chegan ós Mestre Mateo, teñen a súa carreira prácticamente feita. Creo que é a primeira vez que gaña unha película que aínda non se estreou nos cines. Dhogs eclipsou un pouco con tantos premios ó resto dos gañadores

Récord histórico de galardóns para unha soa película: 13. E unha ópera prima ademais

Sí, pero é que xa estaba cantado o éxito de Dhogs. Cando menos os premios a mellor película e director. Tal vez os premios técnicos podían repartirse un pouco maís. Pasou unha cousa moi curiosa, que, por exemplo, na categoría a mellor actor, competían catro actores e tres eran de Dhogs. Podía gañar calquera dos tres. Morris xa o dixo, que lle tocou a el pero podería gañar calquera dos tres.  Porque son personaxes moi complementarias e ó mesmo tempo cunha personalidad moi forte.

En canto o demais, unha gala moi correcta, marcada por se enmarcar na semana da muller e coa idea, algo que me gustou moito, de dar visibilidade a esas profesións que non a teñen case no audiovisual. A xente coñece case só ós actores e o feito de que os premios foran entregados por profesionais tan necesarios e anónimos do audiovisual, que adoitan estar detrás das cámaras, en vez de facelo, como se adoita facer, por xente máis coñecida, a min pareceume moi ben.

Matria (Álvaro Gago) foi premaida en Sundance, Dhogs, primeira cinta galega en 50 anos en proxectarse en Sitges, 30 Lumes (Diana Toucedo) exhibida na Berlinale, o ano pasado, cos Goya de Alberto Vázquez, Mimosas (Oliver Laxe), premiada en Cannes, os premios internacionais de Olga Osorio con Einstein-Rosen…  ¿Dirías que estamos no mellor momento do cinema galego?

¿Mellor momento comparado con que?, habería que preguntarse. Certo que nos últimos anos aparecereu xente moi ben formada, moi ben preparada, que veu moito audiovisual, e que fai un cine de autor que está claro que ten repercusión, que conecta e que é moi entendido fóra das nosas fronteiras. Na Gala díxose unha cousa moi curiosa: un cine que triunfa fóra. Ese recoñecemento fóra de Galicia eu penso que é importante e que da mostra de todo este talento e capacidade de todos estes profesionais. ¿Será isto flor dun ano? Creo que non. Porque xa levamos varios anos a gran nivel. El desconocido de Dani de la Torre (2015), Mimosas, de Oliver laxe (2016)… Hai moita xente traballando agora mesmo no audiovisual en Galicia, aínda que lamentablemente non hai traballo para todos. É unha xeración que se formou cuns mimbres tanto teóricos como prácticos moi interesantes e que está claro que esa xeración conecta moito coas tendencias máis innovadores do audiovisual. Historias moi locais (Matria, 30 lumes) e, a pesar diso, que teñen un recoñecemento universal, algo que eu vexo moi importante.

Sí, referíame non só ó último ano, senón xa dende anos atrás, co cine de Laxe, De La Torre ou incluso antes

Diría que a partir do ano 2000 aproximadamente comezou esta nova ola de cineastas galegos.

Falando das reivindicacións da gala, ¿ves que exista unha desigualdade tan grande entre homes o mulleres no audiosivual? Saen publicados na prensa casos en que actores e actrices con papeles do mesmo peso cobran salarios moi diferentes. Non sei se este é un problema só dos actores ou o percibes tamén a nivel de realizadores, técnicos, no que sería unha desigualdade xeral no sector audiovisual

Iso tería que dicilo unha muller. Eu o descoñezo, a verdade. Pero creo que un dos sectores onde máis mulleres traballan é o audiovisual, comparado con outros sectores.

¿Tal vez entón o problema non é tanto de oportunidades de acceso ós postos de traballo, senón de desigualdade laboral?

Non sería entón un problema do audiovisual, sería unha tónica dominante que tamén se da noutras profesións e o audiovisual pois simplemente recicla un esquema.

Unha das reivindicacións da gala era “Máis mulleres”

Eu non vou a castings. Entón descoñezo se realmente iso é así. Iso saberano os afectados: actores, actrices, produtores, etc. Non sei se a proporción actores-actrices é extrapolable a outros sectores aparte do audiovisual. Se colles despachos de abogados, e a proporción e 70-30, e no audiovisual igual, por estón non é que as cousas sexan peores no audiovisual. Habería que comparalo con outras profesións. 

O que sí parece é que os papeis protagonistas están mellor pagados para homes que para mulleres

Depende de con que compares. Porque na moda, ¿quen cobra máis, unha ou un modelo?

Supoño que muller

¿Entón?

Imaxino que nunha campaña publicitaria gañará máis ou menos o mesmo un modelo que unha modelo, en igualdade de condicións

Non o sei. Descoñezo os datos. Creo que a iso ten que responder un produtor ou unha axencia de contratación. Pero eu ignoro as cifras. E depende do caché da cada un. Se nunha película saen Angelina Jolie e Mario Casas, cobrará máis Angelina Jolie. Hai que falar con números, con estadísiticas. Prefiro non opinar sen ter as cifras. Os salarios dependerán do proxecto, do caché de cada actor, etc.

Dicíao por casos que escoitamos nos medios, como aquela cinta na que Ashton Kutcher cobrou tres veces máis que Natalie Portman pola mesma película ou pola denuncia de Jennifer Lawrence (desvelou que cobrou moito menos que Bradley Cooper e Christian Bale por A estafa americana aínda que varios críticos contradixeron esas declaracións)

Sí, tradicionalmente, como o modelo que se copia é o de Hollywood, hai unha diferencia salarial notable. ¿Está comezando isto a revertir? É posible que estén a darse os primeiros pasos para que a diferencia non sexa tan sustancial. Estanse a dar pasos importantes, como que se poida facer algo que era impensable hai anos, como é que se poida denunciar por acoso a un produtor importante (caso Harvey Weinstein), ou a un pez gordo. Contanche isto hai sete anos e non o crees.

Imaxino que isto veríase hai uns anos como algo máis aceptado. Tamén creo que as redes sociais fan explotar calquera rumur antes de se confirmar

O efecto amplificador dos medios. As redes sociais non se poden controlar. Hai demasiada xente en Twitter, Facebook, Instagram… Xa non se trata só de controlar ó Hollywood Reporter, Variery, ou ó New York Times. ¿Refireste a isto non?

Sí, calquer rumor dase por certo por millós de persoas. Non digo que estas cousas sexan mentira, nin moito menos. Pero ás veces, á xente bástalle cun rumor para difundilo nas redes como certo sen pararse a comprobar se está confirmado ou non

Hai que ter moito coidado con esas cousas. Máis que nunca todos necesitamos andar con pes de chumbo. Tanto a dar credibilidade a certas cousas, como a facer certos comentarios. É necesario contrastar a información moito.

É necesario máis que nunca, nesta avalancha de información constante e permanente, con todo ese efecto amplificador. No xornalismo temos un problema que é a urxencia. ¿Como compites coa urxencia de Facebook, Instagram ou twitter? Non podes. Ninguén pode. Unha das cousas que temos que facer or xornalistas é pensar un pouco antes de publicar nada. Hai unha costume nos nosos días que é dicir “o acaban de dicir en Instagram, en Twitter…”

Incluso a xente de maior idade… Vexo moitas casos de xente que xustifica certas supostas novas cun “lino nun whatsapp”. Pero non se preguntan de onde procede ese whatsapp, ou se é certo ou non o que ahí se di, que ás veces tan só é una frase cunha imaxe de fondo, algo que pode editar calquera en dous minutos.

Claro, claro. Do mesmo modo que antes un cuestionábase as fichaxes de fútbol que anunciaba marca no verán, invencións ás veces dos axentes para subir a cotizacións de determinados xogadores, tampouco podemos hoxe caer na tentación de que todo o que din en Facebook, Instagram ou Twitter é verídico. Porque ás veces só son retweets de historias que non están contrastadas dende o principio.

É curioso como para algunhas cousas somos totalmente escépticos e para outras somos os máis crédulos do mundo. Sospeitamos de calquer político que teña un BMW e, sen embargo, calquera imbecilidade que lemos en Twitter ou Facebook parécenos crible, sen contrastala. Para algunhas cousas, sospeitamos de todo e para outras non sospeitamos nada. A min esto paréceme un pouco perigoso. E creo que pode darnos lugar a lecturas equivocadas dalgunhas cousas. Non sei se lembras, hai uns anos aparecían novas da estilo “tal película triunfou no festival de… eu que sei, Toulouse Norte”… ou obtivo… eu que sei, a garza de ouro nun festival que podemos facer ti e máis eu en Negreira porque obtivemos unha subvención de mil euros. Nin as cousas eloxiosas son excesivamente grandes ni os paus recibidos son para afundir a ninguén. Todo ten o seu término medio. Hai unha tendencia que se da últimamente nos medios. ¿Non te das conta de que todas as películas que se estrean ultimamente son “a película francesa do ano”?

Sí, jaja. Iso é unha publicidade malísima, coido. Ó nivel de “a película que emocionou a Spielberg”

Ó mellor podía funcionar hai uns anos con Intocable. Pero agora mesmo, dicir “a comedia francesa do ano” é como non dicir nada.

Sí, indo por ahí, o outro día vin o cartel de O segredo de Marrowbone, de Sergio S. Sánchez. Creo que ese cartel tiña dúas cousas que me parecían sospeitar moito da calidade da cinta, a pesar de que o trailer invítame a vela: primeiro vin que tiña en grande o nome de Bayona, máis que o do propio director, para tirar do nome do mentor. E a outra, o cartel estaba atiborrado de extractos de críticas tipo “espeluznante” “impresionante”…

E nos trailers tamén hai cousas do estilo “Dos produtores de…”

Como cando fan a estratexia esta de promocionar un filme facendo gala dun Oscar obtido por un dos actores noutra película que nada ten que ver con ela. Como se agora sae Clint Eastwood nunha película dos Coen e dis “Do oscarizado actor por Sin perdón. Non hai relación entre ambos filmes.

Claro. É que cada película ten a súa estratexia de lanzamento. Hai uns anos estaban de moda as películas asiáticas que viñan do festival de Cannes ou Berlín. E algunhas eran de máis que dubidosa calidade, pero estaban de moda. Cada un vende a súa película como boamente pode. A xente tamén se volveu un pouco escéptica e determinado tipo de galardóns tampouco significa demasiado. Agora as películas que funcionan son as que se venden na tele. Son as que están machacando todo o rato coa súa promoción.

S: La forma del agua?

M: Por exemplo. Sobre todo as que producen as televisións e están todo o día falando delas

¿Telecinco?

Por exemplo. O tema é falar das películas fóra do ámbito cinematográfico. Que tódolos programas (corazón, informativos) falen dela. Trátase de convertir a película nun acontecimento. É un pouco o que pasa cos festivais de música. Cada vez hai menos xente nos concertos e máis nos festivais. ¿Por que? Porque convertiron os festivais en acontecementos. Comprobámolo no festival de “O son do Camiño” de Santiago, para o que se esgotaron as entradas en dúas horas. Cando se convirte nun acontecemento e iso funciona, tes o 80% da publicidade gañada. O problema é destacar entre todo ese maremagnum de plaformas que temos agora, con 13 ou 14 estreas cada fin de semana, como conseguir que a xente se fixe nunha película e que se decida a ir a vela. É moi difícil. De todas as pelis que se estrean, a xente entérase de dúas como moito.

Funciona moito, penso, o hype como forma de promoción. A estratexia de bombardeo do que Telecinco é un claro exemplo. Moitas das películas máis taquilleiras en España non últimos anos, son producidas por Telecinco. Coa estratexia de bombardeo publicitario. Un exemplo claro é Ocho apellidos vascos. Todo o mundo quería ir a vela porque non se falaba doutra cousa, cando penso que comedias de ese nivel, co debido respeto, fanse moitas cada ano

É o que dixen. Convertir a película nun acontecimento. Creo que unha das cousas que teñen que facer os directores de marketing, produtores, etc. é facer masters de publicidade e marketing. Iso é fundamental. Podes ter no teu supermercado o mellor flan, que se non o tes nun bo lineal e a xente no se entera de que existe, non o vendes. A xente ten que atopar unha razón emocional para ir a ver as películas. É unha cuestión emocional. ¿Por que mercamos un coche? O 80% deles son iguais. Obviamente non é o mesmo un Lamborghini que un 124, pero nas súas mesmas gamas, ¿que te decanta por un ou outro coche? ¿Canta xente que vai mercar un a un concesionario, abre o motor? ¿1 de cada 50? O coche mércalo polo diseño, porque te entra polos ollos ¿ou non? Coido que a maioría fano por iso. É unha compra emocional. Ir ó cine tamén o é. Escolles unha ou outra peli por unha cuestión emocional.

¿Que opinas do informe da AISGE do ano pasado no que só o 8% dos actores viven do seu traballo? Ves algunha solución a medio/corto prazo ou é unha profesión condenada á precariedade económica?

O problema coido que é que o 5% deles acapara a maior parte do traballo. Ó mellor hai que plantexarse facer máis produtos, máis series… non sei. Volvemos ó de sempre. O mercado é o que é. Aquí creo que xoga moito o tema da política audiovisual e tal vez temos que facer como fan en Francia, copiar o modelo cultural francés, que esixe un determinado número de producións ó ano, que esixe ás televisións un determinado número de horas de produción nacional. Isto é unha solución que ten que implicar a varias administracións. Ten que ser unha especie de pacto de Estado

Pasando ás series, ¿Que te pareceu a estrea de Fariña? Parece o claro rival de cara a poder desbancar a Serramoura nos próximos Mestre Mateo

Matalobos foi a primeira serie de todas que falou dos narcos, que falou das implicacións dos narcos coa sociedade de cada un dos seus pobos, das guerras entre eles, sobornos ó mundo dos poderosos, etc. Eu penso que todo o que conta Fariña xa estaba en Matalobos. ¿Que pasa? Aparece o libro e se ve que hai mercado. É un libro moi cinematográfico, unha moi boa reportaxe, e evidentemente, Ramón e Teresa (Ramón Campos e Teresa Fernández-Valdés, productores de Bambú Producións) ven que é un produto perfecto para a televisión. Pensa que ahí hai moitos actores que estiveron nas series galegas. Se se fai Fariña, coido que é porque antes de fixeron Matalobos e outras series parecidas.

Paréceme que tamén bebe un pouco de Narcos, tralo visionado dos primeiros capítulos

Evidentemente, tamén bebe de Narcos, ou desta telenovela ….

¿Pablo Escobar, el patrón del mal?, que moita xente reivindica porque é colombiana, con actores colombianos, non como Narcos. E da que tamén din que é máis fiel ós feitos reais da vida de Pablo Escobar

Sí, pero non se trata de ser fiel. Estamos falando de ficcións. Ten que ser crible, non fiel. Narcos ou Fariña non pretenden ser fieis. Son historias de ficcion que se nutren de historias reais investigadas por Nacho Carretero. Pero haberá cousas que se alimentan da realidade e outras que se ficcionan.

Nos días previos á estrea de Fariña, a expectación creada pola serie foi incrible. O secuestro do libro (denuncia de Alfredo Bea) avivou moito a expectativa

Eu se escribo un libro, espero que o secuestren. O libro levaba tres anos na rúa. Eu falei con varios libreiros e dixéronme que lles preguntaron máis polo libros na última semana que nos tres anos previos.

Non parece moi intelixente a actitude por parte do ex alcalde do Grove. Se queres que algo non saia á luz, non o denuncies, ¿non?

Eu se son Antena3 , pagaría para que secuestraran o libro

Tal vez sexa boa idea darlle un papel a Alfredo Bea en Fariña agora que é un “influencer”

Creo recordar que a estrea do primeiro capítulo adiantouse varias semanas precisamente polo runrún que se estaba montando. O secuestro entón fíxolle un gran favor á serie e sobre todo ó libro. A editorial tivo que fartarse de enviar copias ás librerías.

E ademais aínda que se esgoten, fomentas que por medio da piratería o lea todo o mundo. É a primeira vez que a min me chega un libro por whatsapp. Son as ganas de, por venganza do secuestro, que o teña todo o mundo

Coñezo xente que tiña o libro e que o mercou de novo só para apoialo

Tamén haberá xente que o mercou para gañar diñeiro. Xa vimos os prezos que se manexaban an Amazon

Sí, sí. Xa vin o pantallazo.

Falando das copias ilegais, ¿Como ves a problemática da piratería no cine?

Contesto nunha frase: Netflix demostrou, en contra diso que se di de que España é un país de piratas, que a un precio razonable, a xente paga as suscricións. Non teño máis que dicir. Netflix calou a todas esas bocas que dicían que España é un país de piratas, que ninguén merca nada. Netflix ten miles de suscriptores por oito euros ó mes. Demostrou que iso é unha profunda mentira. Demostrou que o precio é un factor clave para loitar contra a piratería. Outra cousa é que non interese dicilo.

¿É demasiado caro ir o cine?

Difícil decidir que é caro ou barato. ¿É caro ir ó futbol? Para min é moi caro. Oito euros por un gintonic tamén me parece un atraco. ¿Como era hai uns anos viaxar en avión? ¿Que demostraron Ryanair e Vueling? Que se pos os precios dos billetes a 30-50 euros, a xente colle avións. E cando non te queda máis remedio pagas 100 euros. ¿Canta xente voa hoxe e canta hai 15 anos con certa frecuencia? O problema é con que compite o cine. Con 40.000 cousas, cos videoxogos, co deporte, con todo. O cine non está en crisis. A xente ve máis series e películas que nunca. Netflix fixo un estudio que reflexou que entre o 60 e 70% das súas series se ven nun teléfono móvil. A xente vai ó cine a ver as pelis-acontecemento. ¿Que sentido ten cobrar oito euros por unha entrada de cine nun día que se emite gratis pola tele un PSG-Madrid?

Ademais o precio do cine, por exemplo, en Vigo é aproximadamente o mesmo que en Madrid ou Barcelona. E xa non digo nada do precios das bebidas e palomitas

Os Multicines Compostela cobran de luns a venres 5 euros. Algo así paréceme ben. É que o cine compite con moitas cousas.

Non é moito máis caro ir a Lisboa a ver a un grupo punteiro en directo que ir ó cine con refresco e palomitas e invitando a un acompañante

E que a xente ten outras alternativas ó cine. A xente pénsase moito as películas que vai ir a ver ó cine.

Sí, eu sempre o digo. Antes, nos anos 90, cando eu era adolescente, o plan típico era ir ó cine e logo, sen coñecer a carteleira, unha vez nos cines, elixiamos que película iamos ver. Agora elixes moito as poucas películas que vas a ver ó cine porque se sae mal, os casi 20 euros que gastas doen moito

Ti pensa unha cousa. Rapaces de doce, trece anos, van cun móvil no bolsillo, onde poden ver películas, series, onde poden xogar online a xogos con 20 amigos máis. Ti non podías facer iso. Agora van camiño de casa e están dous horas co móvil. Con Twitter, Facebook, Instagram, xogos, Netflix, Movistar, PS4…Ti non podías. O cine compite con moitísimas formas de ocio.

Ademais os cines se reforman e suben os precios das entradas para equilibrar o gasto

Hai que recompor o panorama. Eu defendo o modelo de que pagues distintos prezos segundo a hora. ¿Lembras como era a telefonía móvil? ¿Cando costaba unha pasta chamar as doce da mañá e ás once da noite saía moito máis barato?  Pois ó mellor hai que buscar iso. Eu defendo sempre a tarefa plana no cine. Dez, quince euros ó mes. Non sei. Para ir as veces que queiras. E ó final vas poucas veces. Pero da igual. É como Netflix que tes moitísimas series e hai meses que non ves nada.

É que a xente quere ter unha cartera ampla disponible

É como os bufés dos restaurantes. Nun almorzo continental non te comes oito cruasáns. Sempre hai alguén que ten un prato cheo ata arriba, pero o 80% da xente come o normal que pode dixerir. Non lle saca partido. Deberían por prezos razonables ó menos de luns a xoves nos cines, para que a xente vaia.

Xa existe algo así. Véndense unhas tarxetas que costan uns 30 euros e valen para varias sesións de cine. Tal vez isto podería ser un primeiro paso de cara á tarefa plana que propós

Pois paréceme un sistema cojonudo. Tarxetas con periodo de validez de seis, oito meses. Pero a un precio asequible. Vinte euros para ir dez veces ó cine, por exemplo.

Ademais hoxe hai que ter a opción de mercar estas cousas sen sair de casa. Hoxe hai que establecer produtos como este online e non ter que ir ás tendas, como o caso das tarxetas que comentei antes

Descargas unha app, vas co móvil ó cine e xa está. Como o billete de avión. Como digo, eu son un defensor absoluto da tarefa plana y espero que pronto sexa unha realidade.