Venres 9 de marzo: Ponencia en Santiago de J.Luis Rebordinos , director do Festival de San Sebastián

 

 

-Galicia ProFilme 2018: Festival Internacional de Cine de San Sebastián: claves e oportunidades, con José Luis Rebordinos

O director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, José Luis Rebordinos, ofrecerá o vindeiro 9 de marzo, ás 10.00 horas, na Cidade da Cultura de Galicia (Sala Eisenman), unha sesión informativa sobre as claves e oportunidades que lle ofrece o certame donostiarra ao audiovisual galego. Será no marco dunha nova entrega do programa Galicia ProFilme da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Despois da súa intervención, José Luis Rebordinos desenvolverá reunións individuais con quen as concerte con anterioridade.

Tanto para asistir ás reunións como para a petición de reunións, só compre inscribirse no mail audiovisual.agadic@xunta.galata as 15:00 horas do xoves 8 de marzo.

Programa en Pdf