Premios Mestre Mateo 2018: “Dhogs” (Andrés Goteira) arrasa con 13 galardóns

 

Dhogs (Andrés Goteira) acaparou 13 Premios Mestre Mateo na gran gala que celebrou a pasada noite no Pazo da Ópera da Coruña e converteuse, así, na produción máis votada da historia dos premios da Academia Galega do Audiovisual. A opera prima de Andrés Goteira conquistou os galardóns á mellor longametraxe e mellor guión, dirección e montaxe para o meirense, que comparte a última con Juan Galiñanes. As e os académicos recoñeceron tamén a interpretación protagonista de Melania Cruz e de Iván Marcos e a interpretación de reparto de María Costas e Antonio Durán “Morris”. Ademais do pleno nas categorías interpretativas, Dhogs gañou tamén os premios á mellor dirección de produción para Suso López, dirección de fotografía para Lucía Catoira Pan, música orixinal para Germán Díaz, dirección de arte para Noelia Vilaboa e son para David Machado e Javier Pato.

Outra ópera prima, A batalla descoñecida, neste caso dirixida por unha muller, Paula Cons, gañou o premio ao mellor documental. Moi novos tamén son os Porco Bravú, que gañaron o seu terceiro premio á mellor serie web con Peter BrandonMatria, de Álvaro Gago, conquistou o de mellor curtametraxe e The neverending wall o de mellor curtametraxe de animación. Conserveiras do noso fixo o propio co de mellor anuncio e Troubled times (Green Day), de Manu Viqueira, co premio ao mellor videoclip.

Serramoura acadou por cuarto ano consecutivo o premio á mellor serie de TV, mentres que A Revista Fin de Semana gañou o de mellor programa de TV e Nieves Rodríguez o de mellor comunicadora polo seu traballo no Vaia Troula! Completa os premios televisivos o de Dani Viqueira Carballal e Veru Rodríguez Rodríguez pola realización de Tesouros no faiado.

Finalmente, Arantxa Domínguez gañou o premio ao mellor vestiario polo seu traballo en Juana de Vega, Vizcondesa do Arado e Chicha Blanco e Vicen Betí o de mellor maquillaxe e perruquería en Os fillos do sol.

Ademais de premiar a excelencia nas producións do ano, a Academia aproveita os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de entidades e profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra “Fernando Rey” e co Premio Especial “José Sellier”. Este ano, as homenaxes foron para os Multicines Norte de Vigo e para a actriz María Bouzas, que o recolleu na Gala agradecendo o “espazo de liberdade, de creación e de respecto” que é a Academia Galega do Audiovisual e os Premios.

A gala estivo liderada por mulleres en todos os ámbitos. Dirixiuna a directora e dramaturga Marta Pazos e conduciuna a actriz e presentadora Iolanda Muíños, acompañada no escenario polas actrices Paula Pier, Iria Acevedo, Iria Sobrado, Beatriz Serén, Rocío Barrio e Cris Iglesias. Os premios foron entregados por diversas profesionais de diferentes facetas do audiovisual galego: Sonia Méndez (cineasta, actriz e directora do festival Carballo Interplay), Nieves Rodríguez (presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Belén Brandido (rexedora de arte e localizadora), Virginia Curiá (directora de cine de animación), Marga Pazos (presentadora do Galicia Noticias da TVG), Giselle Llanio (directora e realizadora), Araceli Gonda (guionista), Alicia Dapena (deseñadora de vestiario), Isabel Rega (foquista), Beli Martínez (produtora e docente), Encarna Alonso (script), Isabel Blanco (delegada da fundación AISGE en Galicia) e Dolores Meijomín (coordinadora de política audiovisual da AGADIC).

CATEGORÍAS DE PRODUCIÓN

MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO: Conserveiras do noso (Miss Movies)

 

Juan Galiñanes (Miss Movies), recolle o premio (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR CURTAMETRAXE DE AMINACIÓN: The neverending wall (Abano Producións)

Equipo de Abano Producións (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR CURTAMETRAXE DE IMAXE REAL: Matria (Sombriza Films – Álvaro Gago)

Álvaro Gago (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR DOCUMENTAL: A batalla descoñecida (Agallas Films)

Paula Cons, directora (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR LONGAMETRAXE: Dhogs (Gaitafilmes e Pixel Films)

 

Andrés Goteira e Juan Galiñanes (Foto de Óscar Corral)

MELLOR PROGRAMA TV: A Revista Fin de Semana (Tempada 2017) (TVG)

 

Equipo de “A Revista Fin de Semana” (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR SERIE DE TELEVISIÓN: Serramoura (Capítulos 62-98) (Voz Audiovisual e CRTVG)

 

Equipo de Voz Audiovisual (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR SERIE WEB: Peter Brandon. Unha vida pola comedia (Porco Bravú coa
colaboración de Dinamo)

 

Equipo de Porco Bravú e Dinamo (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR VIDEOCLIP: Troubled times (Green Day) (Warner Bros Music e Manu Viqueira)

 

Manu Viqueira (Foto de Rocío Cibes)

CATEGORÍAS PROFESIONAIS

MELLOR COMUNICADOR/A DE TELEVISIÓN: Nieves Rodríguez (Vaia troula!)

 

Nieves Rodríguez (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR DIRECCIÓN: Andrés Goteira (Dhogs)

 

Andrés Goteira (Foto de Óscar Corral)

MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE: Noelia Vilaboa (Dhogs)

Noelia Vilaboa (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA: Lucía Catoira Pan (Dhogs)

 

Lucía Catoira Pan (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN: Suso López (Dhogs)

Suso López (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR GUIÓN: Andrés Goteira (Dhogs)

 

Andrés Goteira (Foto de Óscar Corral)

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO: María Costas (Dhogs)

 

María Costas (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA: Melania Cruz (Dhogs)

 

Melania Cruz (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO: Antonio Durán “Morris” (Dhogs)

 

Morris (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA: Iván Marcos (Dhogs)

 

Iván Marcos (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA: Chicha Blanco, Vicen Betí (Os fillos do sol)

 

Chicha Blanco y Vicen Betí (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR MONTAXE: Juan Galiñanes e Andrés Goteira (Dhogs)

Andrés Goteira e Juan Galiñanes (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR MÚSICA ORIXINAL: Germán Díaz (Dhogs)

Germán Díaz (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR REALIZACIÓN: Dani Viqueira Carballal e Veru Rodríguez Rodríguez (Tesouros no faiado)

 

Dani Viqueira, realizador de “Tesouros no Faiado” (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR SON: David Machado e Javier Pato (Dhogs)

 

David Machaco e Javier Pato (Foto de Rocío Cibes)

MELLOR VESTIARIO: Arantxa Domínguez (Juana de Vega, vizcondesa do arado)

 

Arantxa Domínguez (Foto de Rocío Cibes)

 

DHOGS, 13 PREMIOS

1. Mellor Guión Andrés Goteira
2. Mellor Dirección de Fotografía Lucía Catoira Pan
3. Mellor Dirección de Arte Noelia Vilaboa
4. Mellor Montaxe Juan Galiñanes e Andrés Goteira
5. Mellor Música Orixinal Germán Díaz
6. Mellor Son David Machado e Javier Pato
7. Mellor Dirección de Produción Suso López
8. Mellor Dirección Andrés Goteira
9. Mellor Interpretación Masculina Protagonista Iván Marcos
10. Mellor Interpretación Feminina Protagonista Melania Cruz
11. Mellor Interpretación Masculina de Reparto Antonio Durán “Morris”
12. Mellor Interpretación Feminina de Reparto María Costas
13. Mellor Longametraxe Gaitafilmes e Pixel Films

 

 

GALA COMPLETA

Discurso do presidente da AGA