Multicines Norte recibe o premio José Sellier como referente da cinefilia galega

Academia Galega do Audiovisual (AGA) condeceu ós cinemas galegos o Premio Especial “José Sellier”, co que pretende recoñecerlles como “un espazo de referencia para a cinefilia galega, que leva máis de tres décadas apostando polo cine de autor dende a independencia do cine de barrio”.

Recibiron o galardón no Encontro de Finalistas dos XVI Premios Mestre Mateo que se celebrou hoxe. A actriz Marta Doviro recolleu o galardón en representación dos Multicines.

A AGA destacou o exemplo extraordinario destas salas, xestionadas dende a súa apertura pola mesma empresa familiar, e que “ofrecen ó público a posibilidade de descubrir filmes fóra dos circuitos maioritarios, incluíndo películas en versión original, reposicións de clásicos e, por suposto, cine galego”.

Os Multicines Norte, bautizados co nome da vía viguesa na que se atopan, abriron as súas portas en 1982 coa proxección de O último metro de François Truffaut e O matrimonio de Maria Braun de Rainer Werner Fassbinder.

En 2013, dixitalizaron varias das súas salas para poder acceder a títulos non dispoñibles en celuloide, e comezaron a incluir na súa programación reposicións de filmes clásicos e obras en versión orixinal. Ademais, son unha das salas vinculadas á iniciativa Screenly, gracias á que os espectadores poden escoller os filmes que desexan ver, e colaboran coa Escola Oficial de Idiomas viguesa ofrecendo descontos ós seus estudantes.

 

Marta Doviro en primeira fila co galardón, posando co resto dos nomeados