23-24 febreiro: Ciclo de cine ambiental en Vigo

Hoxe venres e mañá sábado poderedes asistir en Vigo a sendas proxeccións nun ciclo de cine ambiental: “Cine en verde”. Hoxe venres ás 18 horas poderedes asistir na rúa Oliva nº 3, ó pase de “El secreto del bosque: memorias del urogallo cantábrico”. Mañá sábado ás 17 horas, será o turno para “Hermanos del viento”. Na imaxe tendes toda a información.