24 febreiro: Comeza un curso de vídeo impulsado polo Festival de Cans

O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de iniciar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos. O obxectivo será facer como exercicio final unha curtametraxe colectiva que se estreará na vindeira edición do Festival de Cans, que terá lugar do 23 ao 26 de maio deste ano.

En pasadas edicións, o festival traballou con veciñas e veciños de diversas idades na creación de pezas documentais co obxectivo de recuperar a memoria da aldea e recompilar material fotográfico, en vídeo ou sonoro. Isto axudou e segue axudando a contruír a historia recente de Cans e a facer un archivo de imaxes sobre a parroquia.

Máis información