A actriz Rosa Álvarez, Premio de Honra Marisa Soto

 

 

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concédelle este ano a Rosa Álvarez o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria desta actriz e directora teatral, auténtica pioneira do teatro profesional galego. O premio será entregado durante a gala dos XXII Premios María Casares, que se celebrará o vindeiro mércores 21 de marzo. Deste xeito, Rosa Álvarez únese á nómina de profesionais, entidades e colectivos teatrais que recibiron o citado premio dende a súa creación en 1997. Nesta lista de ilustres homenaxeados atópanse, entre outros, Maruxa Villanueva, Ana Romaní, Manuel Lourenzo, a Sala Nasa, Vicente Montoto, Eduardo Alonso ou a Erreguete (Revista Galega de Teatro).

Seguir lendo