21-23 decembro: Galicia Freaky Film en Vigo

Proxectaranse máis de 20 pezas audiovisuais galegas, con actividades paralelas, invitados especiais e algunha sorpresa preparada

Juan de Castro, o director do festival e Óscar Suárez, o axudante de dirección, deron a coñecer este martes a programación completa do festival así como os invitados que asistirán e a temática dos actos paralelos. Según o seu director, Juan de Castro, a selección das obras “é moi ecléctica, rara e gamberra” e está composta de “traballos que mesmo algúns directores non podían crer que as houberamos atopado do esquecidas que estaban”.

 

Juan de Castro estrangula a Óscar Suárez

 

 

A PROGRAMACIÓN

 

XOVES

 

O Galician Freaky Film Festival comezará este xoves 21 de decembro ás 19.00 coa creación dun mural en vivo feito por Gonzalo Alonso e que servirá como photocall o resto das xornadas. Despois, ás 21.30, terá lugar a inauguración, na sala Videodrome ubicada en Progreso 41 e haberá unha musicalización de violoncello e theremin en directo do cine de Segundo de Chomón ó que seguirán uns petiscos e unha sesión de curtas.

 

VENRES

 

O venres ás 19.00 diante do MARCO terá lugar un set de rodaxe ó vivo coordinado por Ricardo Spencer, mestre do IES Audiovisual de Vigo xunto con algúns dos alumnos. Dramatizarase un filme de acción que estará cheo de liortas e explosións no centro de Vigo. Ás 20.00 comezarán as sesións de cine con filmes de orixe galego coma Galáctea e The last patrol, ambas obras dunha das directoras máis representativas do audiovisual galego: Cora Peña así coma Back to the tic, feito polos alumnos da Fundación Tic de Lugo e no que haberá viaxes ó futuro e moitos guiños a grandes personaxes do cine. O final do día está reservado para o concerto de Mad Martin Trío no pub Transylvania no que as 23.30 presentarán o seu novo traballo: Tornado.

 

SÁBADO

 

O último día do certame, o sábado 23 ás 19.00, haberá unha performance na rúa do Príncipe moi terrorífica e divertida. Trátase dun acto de balde ó que están invitadas a participar tódalas persoas que o desexen. Nas sesións de cine, ás 20.00, poderanse ver obras coma a curta de animación de Paulo MoscaAmor de mono ou A matanza dos garrulos lisérxicos, un dos filmes cumbre do frikismo galego dirixido por Antonio Blanco e Ricardo Llovo. ComO invitados nas proxeccións dos filmes estarán, entre outros: Morris, Silvia Superstar ou a directora Cora Peña que poderán conversar co público e falar das obras ás que representan.

O fin de festa será no Mogambo coa actuación dunha banda tan recoñecida coma Igmig e porá fin a tres días cheos de actividades e proxeccións dedicados o universo friki galego.

 

PREZOS

 

O Galician Freaky Film Festival pretende dar visibilidade ó mundo freak galego en tódala súa amplitude, por iso tódolos actos ó aire libre serán de balde e cada sesión de cine terá un custo de 2,5 euros. En canto a inauguración, custará 4 euros e inclúe a musicalización en vivo das obras de Segundo de Chomón e as curtas que se verán despois. No caso do concerto de Mad Martin Trío poderase ver por 7 euros e Igmig por 6 euros. Finalmente, o Galician Freaky Film Festival tamén pon dous clases de bonos á venda. O primero é o Bono Megafreaky, no que, por un prezo de 20 euros se poderá asisistir a tódalas actividades do certame. O segundo é o Bono FreakyFilm, que ten un custo de 10 euros e permite a entrada  a tódalas sesións de cine.

 

 

 

Máis información na web do Festival