20-22 decembro: XVII Mostra de Curtas do Ateneo Ferrolán

 

Os días 20, 21 e 22 de decembro de 2017, levarase a cabo a XVII MOSTRA DE CURTAMETRAXES do Ateneo Ferrolán, que lévase organizando dende o ano 2001.
A Mostra de Curtametraxes do Ateneo “nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional”.
Durante eses días “amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial”.
“O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade”.