1-10 decembro: II Edición do FIC Vía XIV: Festival Internacional de Curtas de Verín

 

 

Chega a Verín a segunda edición do FIC Vía XIV, Festival Internacional de Curtas que ofrecerá ó púbilco a exohibición de 57 curtametraxes procedentes de 21 países, mostrando así un importante salto respecto ó pasado ano, que ofreceu 39 traballos de cinco países diferentes. Como sinalou o director do FIC, Carlos Montero, “un dos cambios fundamentais  deste ano radica na internacionalización do Festival”.

Das 57 curtas, 54 se presentan a concurso e tres serán exhibidas nunha categoría de visionado especial, entre elas o proxecto ourensano O Boteiro, resultado dun obradoiro de Cinemart realizado por profesionais do audiovisual no Concello de Viana do Bolo.

 

CURTAS GALEGAS

 

A programación inclúe curtas premiadas recentemente en diversos festivais, como é o caso da galega A Rapa das bestas (Jaione Camborda), recentemente premiada co mellor guión na 24ª edición do L´Alternativa, Festival de Cinema Independente de Barcelona. Outras curtas galegas que se poderán ver son Matria (Álvaro Gago),Plus Ultra (Samuel M. Delgado, Helena Girón), Después de la bandera (Carlos Martínez-Peñalver Mas), Quiasma (Tono Mejuto), Fajr (Lois Patiño) e Europa (Hugo Amoedo).

 

 

Outras curtas poderanse ver por ver primeira en Galicia, como é o caso de A Gentle Night, premiada coa Palma de Ouro no último Festival de Cannes ou Hedegehog´s Home, Mención Especial en Berlín. Ademais, algunhas das pezas estréanse por vez primeira en España, como La Voz Perdida, Premio Orizzonti na Bienal de Venecia ou Why is difficult to make films in Kurdistan, Premio Spautores en Doclisboa.

O FIC Vía XIV incluso ten programada unha estrea mundial, a curta Fragment Wall, do videoartista Jacques Perconte.

Según Montero o FIC Vía XIV “xirará arredor das mesmas temáticas Entroido, Fronteira e Emigración, tres conceptos moi instalados no imaxinario colectivo verinés”, pero “detectamos que era necesario reorganizar as categorías posto que as de Emigración e Fronteira solapábanse en certa medida. Esta sección, na que se proxectarán 10 curtas, aborda temas tan sensibles como os conflictos armados ou migracións forzosas.

A sección adicada ó Entroido recibe agora o nome de “Outra Mirada” e recollerá 12 obras que exploran os ritos de máscaras en diversos lugares do mundo. Esta sección engloba as pezas máis libres do festival, en moitas das cales a experimentación formal e narrativa constitúe o centro da película.

Temos tamén unha categoría galego-portuguesa denominada “A Raia” cunha selección de 17 curtas de cineastas de Galicia e Portugal.

Paralelamente, o festival decidiu crear “unha categoría denominada “Nova” para dar a posibilidade de concursar a diferentes pezas que non tiñan cabida nas categorías temáticas establecidas, e que recollerá filmes contemporáneos, cinema de autor e obras que non se rixen por formatos industriais comerciais”. Así, proxectaranse 15 traballos.

 

ACTIVIDADES PARALELAS

 

Ademais da programación oficial a concurso, o FIC Vía XIV prevé unha ducia de actividades paralelas como retrospectivas e ciclos de cine (da Nouvelle Vague ou do Maestrado en Teoría e Práctica do Documental Creativo da Universidade Autónoma de Barcelona, entre outros); obradoiros prácticos, como o da cineasta vasca Maider Fernández, para que cada participante poida realizar a súa propia curta co seu teléfono móvil; vermouths-coloquio con representantes das asociacións CREA ou AGAG, ou actividades para os máis pequenos.

Máis información na web do FIC Vía XIV