“Manoliño Nguema”, historia de migración, responsabilidade e legado do “pai” do Teatro de Guinea Ecuatorial

 

 

A comezos do mes de decembro terá lugar a segunda fase da rodaxe de Manoliño Nguema, unha longametraxe documental producida pola ONG Waka Films e a produtora Filmika Galaika. Este verán rodouse en Guinea Ecuatorial a parte da historia que transcorre alí. No vindeiro mes de decembro decembro rodarasen escenas en Santiago de Compostela e Ourense. A postprodución da película e posterior distribución terá lugar a través dun micromezenazgo en verkami ( ) no que podedes comezar a colaborar.

ARGUMENTO

 

“Marcelo Ndong, é un artista africano formado en Galicia e que agora rexenta unha pequena guardería en Malabo (Guinea Ecuatorial). Un día recibe unha inesperada proposta. Como en tantas outras ocasións deberá montar unha obra de teatro, pero esta vez, o argumento será el. A súa propia vida. Co apoio de dous dos sus mellores alumnos (Gorsy Edu e Russo), Marcelo creará en Malabo unha obra de teatro que será representada en Santiago de Compostela”.

“Unha viaxe persoal e creativa que conduciralles dende a Guinea postcolonial e a España franquista, ata a actualidade de ambos países, para ir pouco a pouco descobrendo a través do seu incrible periplo vital como mimo, músico, actor, circense, pero sobre todo, migrante, os vivos y ata agora pouco coñecidos lazos culturais que unen Guinea Ecuatorial e España”. O documental Manoliño Nguema é un alegato en favor da migración, unha mirada positiva ante o poder integrador e sanador da cultura.

Entre os colaboradores no filme cabe citar á productora Filmika Galaika, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), a distribuidora Treeline Distribution, a Asociación Cinematográfica de Guinea Ecuatorial (ACIGE), os Centros Culturales de España en Malabo y Bata, o Instituto Cultural Francés de Malabo e a ONG ECOGUINEA.

 

 

 

 

FINANCIAMENTO

 

Dende a súa web, o equipo de Manoliño Nguema solicita “o voso apoio para poder rematar a historia de Marcelo Ndong e seguir sumando amigos e amigas que queiran percorrer esta aventura ó noso lado”.

“Temos que rodar a volta de Marcelo a Galicia, o regreso á súa terra, ós seus antigos amigos, ós seus vellos amores e á estrea da obra de teatro que vai realizar en Santiago de Compostela (…) Tamén precisamos un estudio de postprodución profesional onde poder traballar a imaxe e o son para lograr unha calidade acorde co calado da historia que os imos a contar. Ademais teremos que contratar un estudio de grabación para rematar a banda sonora que comezamos en Malabo, será algo realmente orixinal e sorprendente. Aparte de amortizar gastos de desplazamento, combustibles,comidas,equipos etc”.

 

“O noso sono é aproveitar a repercusión que teña este documental para reivindicar que se reactive esa liña de becas que unha vez xa existiron entre España e Guinea“.

EQUIPO TÉCNICO

 

Waka Films é unha asociación sen ánimo de lucro que estivo traballando por moito tempo en Guinea Ecuatorial. Entre as súas filas contan con profesionais como María B. Gestal (produtora, escritora, axudante de produción e deseñadora gráfica), Rocío Cadahía (comunicación), Roi Carballido (produtor, realizador e guionista) e Antonio Grunfeld (realizador e director de fotografía).

Ademais de Waka Films, o filme conta no seu equipo técnico co traballo de Rodrigo Vázquez (director de fotografía), Rodrigo Nkogo (fundador da Asociación Cinematográfica de Guinea Ecuatorial) e Virgilio Brice Masongo Epengo (axente cultural do centro cultural español en Malabo).

 

Máis información na web de Manoliño Nguema