“Rapa das bestas” (Jaione Camborda), mellor guión en L´Alternativa 2017 de Barcelona

 

A curta Rapa das bestas (Jaione Camborda) gañou o premio ó mellor guión na 24ª edición do L´Alternativa, Festival de Cinema Independente de Barcelona.

O xurado, composto por Blanca Escoda Agustí, Daniel Naranjo Sotomayor e Núria Parera Ciuró, “acordou por unanimidade conceder o premio ó mellor guion de longametraxe a Rapa das Bestas de Jaione Camborda Coll, pola súa capacidade de tratar un tema moi concreto sen medo ós primeiros planos, a meterse na historia, e extrapolalo ó resto da sociedade ó falar de como se convirte a brutalidade en espectáculo así como do ansia de poder do ser humano”.