Nace o Galician Freaky Film Festival en Vigo: 21-23 decembro

 

 

 

 

Compráceme anunciar ós catro ventos que o vindeiro mes nacerá o Galician Freaky Film Festival, un certame de cinema e cultura freak de orixe galega I O xoves 23 ás 12.00 h, ó carón do Dinoseto, terá lugar a presentación do evento.  A organización avanzará as principais novidades desta primeira edición que se celebrará en Vigo o 21, 22 e 23 de decembro.

A Asociación Cultural Reencanto Producións, organizadora do Primavera  do Cine en Vigo e agora tamén do Galician Freaky Film Festival, informará sobre as  principais novidades coas que contará este primeiro e novedoso festival que pretende  revolucionar a cidade de Vigo. Ademáis de presentar o cartel oficial do evento.

O Galician Freaky Film Festival é un certame de cinema e cultura freak de orixe galega que terá lugar o 21, 22 e 23 de decembro. Tres días nos que se proxectarán máis de 20  pezas audiovisuais galegas, entre curtametraxes e longametraxes, e onde haberá  diversas charlas cos autores das obras.

O urban market Progreso 41 decidiu apoiar o festival e só para a ocasión, inaugurarase  un espazo único, acorde o certame, que dará cabida a todos os asistentes que desexen ver os filmes.

Unha parte moi importante do evento está composto polos actos paralelos. Por iso,  ademáis dunha performance que se fará na rúa do Príncipe, tamén haberá varias  sorpresas moi especiais e dous concertos a cargo de dúas bandas ben consolidadas no  panorama musical. Por un lado, Mad Martin Trio, que actuará o venres 22 no Transilvania  e, por outro, Igmig que tocará no fin de festa deste festival o sábado 23 no Mogambo.

En definitiva, tres días nos que o Galician Freaky Film Festival quere reivindicar o freakismo galego que comezou nos anos 90 coa Movida viguesa de Siniestro Total e Os Resentidos e con  filmes como A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos. Continuou co rock bravú de Heredeiros  da Crus e se consolidou co Xabarín Club, grazas o que toda unha xeración coñeceu o anime.

Hoxe xoves 23 de novembro, ás 12:00 horas tivo lugar o acto de presentación do cartel do Galician Freaky Film Festival, por parte do seu director Juan de Castro no Dinoseto (Porta so Sol), como non podía ser doutra forma…