“Dhogs” (Andrés Goteira), álzase co místico de ouro no Algeciras Fantástika 2017

 

Este sábado 18 de novembro tivo lugar o acto de clausura oficial do Certame Internacional das Artes Fantásticas e do Terror, “Algeciras Fantástika 2017”, cerimonia na que se fixo entrega do Místico de Honra á actriz, Loreta Tovar; á filóloga e ensaísta, Alicia Mariño, e ó poeta, Luis Alberto de Cuenca, en recoñecemento ás súas carreiras.

O galego Andrés Goteira gañou o Místico de Ouro pola súa longametraxe Dhogs. Na fotografía o gañador foi Francisco Javier Domínguez; en ilustración, María del Carmen Duro, e en relato, o arxentino Daniel Frini.

No que respecta a curtametraxes, La Dama de Sal de Mario Venegas alzouse co primer premio, de entre os 600 presentados a concurso. O francés Guillaume Rieu con Tarim le Brave e Caye Casas e Albert Pintó con RIP, leváronse os místicos de prata e bronce respectivamente.

O certame pechouse co Estudio de Danza “Adagio”, sendo posteriormente proxectado o filme O ataque dos mortos sen ollos de Amando Ossorio, interpretado por Loreta Tovar.