“Einstein-Rosen” (Olga Osorio), Áncora de ouro do Curtas Armadiña de Poio

 

Einstein-Rosen (Olga Osorio), Áncora de Ouro á mellor curtametraxe no Curtas Armadiña 2017

A multipremiada curtametraxe dirixida por Olga Osorio y producida por Miss Movies, recibiu este domingo o principal galardón do festival poiense, no que competían unha trintena de traballos nas diversas seccións, que este ano contaron por primeira vez cun xurado feminino.

Einstein-Rosen ambiéntase no ano 1982 e conta a historia de dous irmáns, o máis pequeno dos cales asegura atopar un buraco de verme.

A curtametraxe alzouse co premio principal do festival, no que tamén se concederon estoutros galardóns:

ÁNCORA DE PRATA – PREMIO DO PÚBLICO

Como yo te amo Dirixida por Fernando García-Ruiz

ÁNCORA MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN:

Contact Dirixida por Alessandro Novelli

ÁNCORA A MELLOR CURTAMETRAXE MEDIOAMBIENTAL:

El hombre de agua dulce Dirixida por  Álvaro Ron

ÁNCORA A MELLOR VIDEOCLIP EN GALEGO

“Non é verán de Estrella Damm” – Ezetaerre Dirixa por Alicia Alonso García

PREMIO CURTAS ARMADIÑA 2017

 Nerea Barros