O Festival S8, premio da Crítica de Galicia

 

 

 

Os Premios da Crítica Galicia cumpliron o pasado domingo corenta años recoñecendo a labor de persoas e colectivos no campo da cultura e a ciencia galegas. Como na anterior edición, premiáronse oito disciplinas e A Coruña tivo unha ampla representación. Os coruñeses Antonio Manuel Fraga e Flor Maceiras leváronse o galardón nas categorías de Creación Literaria e Artes Escénicas, respectivamente, e o xurado premiou ó Festival S8 de A Coruña no apartado de Cine e Artes Visuais. Ademais, o premio de Investigación foi para Marcos Pérez Pena polo seu estudio A prensa en Galicia na Transición, o de música para Luis Emilio Batallán e o de Artes Plásticas para María Luisa Sobrino. O programa Conciencia obtivo o Premio de Iniciativas Culturais e Científicas e o Grupo Nove o de Cultura gastronómica.

A entrega de premios celebrouse onte en Vigo co lema 40 anos facendo país para sermos máis nós, en referencia ó cuatrixésimo aniversario da celebración ininterrumpida destes premios. Á gala asistieron máis de 300 persoas representativas dos ámbitos da política, a cultura e a sociedade galegas, entre os que se atopaban o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaRomán Rodríguez; o presidente do Parlamento Galego, Miguel Santalices ou o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, entre outros. Abriu o acto o presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, Benito Ledo, que recordou a longa traxectoria destes premios “defendendo a pervivencia da lingua galega como a súa esencia”.

Da obra Querido H.P. Lovecraft de Antonio Manuel Fraga (Pontedeume, 1976), o xurado destacou “o seu inxenioso acercamento ó estrano, mezclando brillantemente o sobrenatural co fantástico, onde destaca a hábil creación de ambientes perturbadores”.

Respecto a A prensa en Galicia na Transición de Marcos Pérez, o xurado valorou “a calidade, cantidade e diversidade das propostas presentadas que constatan o auxe da investigación científica e do pensamento en Galicia”.

O físico e divulgador científico coruñés Jorge Mira foi o encargado de recoller o galardón otorgado ó programa Conciencia, do que o xurado destacou a súa consolidación e ó que calificou como “unha ponte entre niveles educativos, o mundo da investigación e a cidadanía”.

Na categoría de Cine e Artes Audiovisuais, o Festival S8 de A Coruña foi elixido por, en apenas oito anos, “situarse entre os mellores festivais di cine de vangarda do mundo” e por ser un certame que sabe conxugar o nuevo e o vello, o internacional co local, e por ser unha canteira da que xorden novos creadores, según o fallo do xurado.

Do mesmo modo, o premio Crítica Galicia de Gastronomía recaeu no Grupo Nove para galardoar o compromiso de 24 grandes profesionais galegos da cociña que puxeron en valor dende as súas orixes a materia prima galega facéndoa internacionalmente visible cunha estratexia integral que mezcla cultura, lingua e patrimonio.

Luís Emilio Batallán (Santiago, 1948) obtivo o premio de Música pola “súa traxectoria ata a actualidade, a súa reivindicación e renovación da canción galega, a historicidade e a dimensión das súas composicións, que forman parte xa da cultura galega e do imaxinario colectivo de varias xeracións”. O xurado destacou tamén a contribución do compositor e cantante compostelano á difusión da poesía galega e á popularización de escritores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e Carlos Oroza.

O xurado distinguiu á actriz e directora teatral Flor Maceiras (A Coruña, 1964), actualmente directora da Escola de Teatro de Narón, co galardón de Artes Escénicas pola súa traxectoria e polo seu compromiso “coa formación teatral íntegra concebida dende a base e dende as marxes, que ten no seu obxectivo primordial a igualdade de xénero concebida dende o presuposto da calidade artística”. Por último, o xurado tamén destacou a longa traxectoria da galardonada co premio de Artes Plásticas, a docente e especialista en arte galego contemporáneo María Luisa Sobrino de quen valorou ” a súa implicación activista no seu contexto e coas problemáticas actuais”. Así mesmo, recordou que Sobrino é pioneira na educación da plástica contemporánea.