20 novembro: fin do prazo de inscrición para os premios XVI Mestre Mateo

 

A Academia Galega do Audiovisual abriu días atrás o prazo de inscripción para os XVI Premios Mestre Mateo, que recoñecerán as obras galegas estreadas no ano 2017 e os profesionais que traballaron nos seus distintos aspectos técnicos e creativos. Así, os profesionais que queiran participar, poden inscribir os seus traballos ata o vindeiro 20 de novembro a través da web da Academia Galega do Audiovisual.

Aínda que non hai modificacións sustanciais con respecto ás bases do ano pasado, si que se incorporaron algúns pequenos cambios polo que vos recomendamos lelas atentamente e, se tedes algunha dúbida, por favor contactade coa oficina a través do mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal ou chamando aos teléfonos 981 208 393 e 981 227 701, de luns a xoves, en horario de 9h a 17h, e os venres, de 9h a 15h.

A apertura de inscrición é o primeiro paso dun proceso de selección que contará con dúas roldas de votacións, a primeira para escoller as obras finalistas e a segunda para decidir as gañadoras en cada una das vintenove categorías.