10 novembro: II Premios Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia

 

 

Mañá Ourense acolle a segunda edición dos Premios Paraugas de Comunicación de Marketing de Galicia, que se entregarán ás 20:30 horas en Expourense.

Os Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia foron creados polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia no ano 2016. Nacen coa idea de “pór en valor a calidade e o excelente traballo que se fai na nosa terra co obxectivo de realzar a función da publicidade, do deseño, da edición, da impresión, do marketing e da comunicación nas empresas e institucións galegas. Son tamén un medio para aumentar a competitividade e a capacidade innovadora: premios desde o sector para o sector”.

Os premios se dividen nas categorías de Creatividad, Deseño, Industria gráfica e edición, Comunicación, Marketing, e un Premio Especial. A asistencia é gratuita, previa inscrición.

PROGRAMA

9:45: Apertura

10:00: Conferencia “Os desafíos do comunicador aínda que sexa de marketing”

Presenta: Amalia Baltar (Presidenta de DIRCOM Galicia)

Imparte: José Manuel Velasco (Presidente de Global Alliance for Public Relations and Communication Management)

10:45: Mesa redonda: “Comunicación e Innovación: informar máis e mellor”

Modera: Chechu Pérez (Asesor da Secretaría Xeral de Medios)

Patricia Argerey (Dra. Xeral da Axenxia Galega de Innovación -GAIN. Xunta de Galicia)

Ana Bellón (Xornalista e responsable de comunicación CSIC Galicia)

Raúl Romar (Xornalista de La Voz de Galicia)

11:45: Pausa

12:00: Mesa sobre e-business. Empresas que naceron e medraron na era dixital

Modera: Alberto Garnil (Socio director de ICONWEB)

La tienda de Valentina. Sergio Valero (CEO e Director de Estratexia Online) e Beatriz Sánchez (CEO e xerente)

Carrick Bracelets. Brais Comeseña (co-fundador)

Google. Adolfo Fernández (Responsable Desenvolvemento de Negocio en España e Portugal)

13:00: Obradoiro sobre tendencias en redes sociais

Modera: César González (Vicepresidente de AJE-Ourense e CEO de Contact Comunicación)

Óscar Sánchez (Influencer en redes sociais)

Laura Mª Vázquez (Directora Servicios Cliente en Roi Scroll)

14:15: Tempo libre para o xantar

16:00: Mesa redonda: modelos de cambio en Marketing e Comunicación

Modera: Fuencisla Cid (DIRCOM e consultora de comunicación en EOSA)

Cecilia Díaz (Dra. Marketing en Europa de Blackberry)

Pepe Cabanas (CMO de Hijos de Rivera)

Pedro Canales (CMO Cafés Candelas)

17:15: “Algo azul”. Intervención de Pepe Barro. Deseñador gráfico

Presenta: Óscar Otero (Presidente da Asociación Galega de Deseñadores)

18:00: Intervención de José Luis Zamorano (Publicista e fundador de Tándem e Contrapunto)

Presentan: Julián Abad (director creativo de Lamarck Publicidad) e Jaime Conde (presidente de Creatividade Galega)

18:45: Intervención de Juan Vázquez (CEO de Martín Códax)

Presenta: Jorge Pallarés (Secretario Xeral de Markea, Asociación Galega de Marketing)

20:30: Gala de entrega dos II Premios Paraugas de comunicación e marketing de Galicia

 Máis información Aquí