22 días. 264 filmes. Federico Luppi. Comeza o 31º Cineuropa en Santiago. 7-28 novembro

 

 

O Festival Cineuropa de Santiago de Compostela arranca hoxe martes na súa 31ª edición coa proxección ás 20 horas de La villa (Robert Guédiguian, director francés de As neves do Kilimanjaro ou Unha historia de tolos, entre outras) no Teatro Principal, presentada polo director do festival de cine, José Luis Losa.

Cineuropa trae á capital galega durante 22 días nada menos que 264 títulos, que se exhibirán en seis salas. Homenaxes, concertos e encontros entre cineastas completan a programación desta edición. Trala cinta de Guédiguian exhibirase The square, do director sueco Robert Östlund, unha das películas do ano e gañadora da última Palma de Ouro en Cannes. Östlund volve ó festival compostelano tres anos despois do éxito de Forza maior, cunha mordaz crítica á sociedade políticamente correcta, un filme provocador, grandilocuente e iconoclasta.

O Salón Teatro, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a sede de Afundación tamén abrirán as súas portas na primeira xornada do festival. Ás 22.30 horas dará comezo no Salón Teatro Geu-Hu (The day after), de Hong Sang-soo, outro dos clásicos do festival, do que o público poderá ver tamén A cámara de Claire e Na praia, sola de noite. As tres longametraxes do cineasta coreano foron rodadas este mismo ano.

O CGAC acollerá a primeira sesión adicada ó ciclo “Novecento: o século das revolucións”, que conmemora os cen años da revolución que cambiou o mundo e abriu as mentes. Pola súa parte, Afundación reivindicará dúas películas de culto como Nubes de maio, de Nuri Bilge Ceylan; e Where the buffalo roam, de Art Linson. Tódalas películas proxectadas no CGAC e na sede de Afundación serán de entrada libre ata completar aforo.

 

O MELLOR DO CINE DE ONTE E DE HOXE

 

Dada a extensa programación, que podedes consultar ó final deste artigo, cómpre sinalar que como sempre, a calidad dos filmes programados está fóra de toda dúbida. Así, os espectadores poderán disfrutar de filmes dalgúns dos máis grandes directores da historia do cinema como os seguintes: Cecil B. DeMille (Carmen), Chaplin (Parodia de Carmen), Dziga Vertov (Tres cantos para Lenin), Agnès Varda (Caras e lugares), Mikhail Kalatozov (Soy Cuba), Godard (Tout va bienLa chinoise), Glauber Rocha (Terra em transe, Antonio das mortes), Anthony Mann (O reinado do terror), Dino Risi (A marcha sobre Roma), Sergei M. Eisenstein (O acoirazado Potemkin), Franklin J. Schaffner (Nicolás e Alexandra), Chris Marker (O fondo do aire é roxo), Jacques Demy (Lola), Leo McCarey (Satán nunca dorme), Costa-Gavras (Edén ó oeste, Desaparecido), William A. Wellman (Viva Villa!) Louis Malle (Milou en maio), Fassbinder (A terceira xeneración), Bertolucci (Antes da revolución), Fritz Lang (Confirm or denay), Andrzej Wajda (O home de mármore, Danton), Jean Renoir (A marsellesa), Visconti (A caída dos deuses) ou Berlanga, do que poderemos visionar a versión en Italia da súa mítica película O verdugo.

Destacamos tamén, no cinema máis recente, autores como Philippe Garrel (Amante por un día), Hong Sang-Soo (The day after), Fatih Akin (In the fade), Warren Beatty (A excepción á regra), Sofia Coppola (María Antonieta), Claire Denis (Un sol interior), Steven Soderbergh (Che: El argentino, Che: Guerrilla), Michael Haneke (Happy end), Oliver Stone (Comandante), Paolo e Vittorio Taviani (Allonsanfàn), Baltasar Kormákur (As marismas), Alexander Payne (Ruth, unha moza sorprendente), Patricio Guzmán (triloxía La batalla de Chile), Lucrecia Martel (Zama) ou a película española do ano e que representará a España na vindeira edición dos Premios Oscar, Verano 1993, da barcelonesa Carla Simón. Tamén se exhibirá Llacunes, da mesma directora.

 

SECCIÓNS DO FESTIVAL

 

Ademais, haberá seccións especiais como a adicada o cinema islandés, as retrospectiva sobre o director portugués Pedro Pinho (A fábrica de nada, Um fim do mundo) e sobre o realizador francés Claude Sotet (César et Rosalie, Garçon!), Cineuropa Miúda (sección de animación para os máis pequenos) ou a pequena homenaxe ó recentamente falecido actor arxentino Federico Luppi, coa proxección da cinta Homes armados (John Sayles), que protagoniza.

 

Federico Luppi en Homes armados

CINEMA GALEGO

E como non podía ser doutra maneira, destacamos aquí o cinema galego que se poderá visionar no Cineuropa:

DOMINGO 12 E XOVES 16

DOMINGO, 17:30: CINEMA NUMAX – XOVES, 20:00: MULTICINES COMPOSTELA, SALA 2

Paraíso roubado (Lukas Santiago)

Somos plaga (Xiana Gómez-Díaz, Emilio Fonseca)

 

 

MARTES 14 E SÁBADO 18

MARTES, 17:30: CINEMA NUMAX E SÁBADO, 18:00: MULTICINES COMPOSTELA, SALA 2

Matria (Álvaro Gago)

O tempo futuro (Xoán Escudero): con presentación e coloquio

(19:00: SALÓN TEATRO)

Vigo 1972 (Roi Cagiao): con presentación e coloquio

MÉRCORES 15

(20:15: CINEMA NUMAX)

O equilibrio dos opostos (Alberto Baamonde): con presentación e coloquio

VENRES 17

(17:30: CINEMA NUMAX)

Entre a onda e a rocha (Manuel Lógar): con presentación e coloquio

SÁBADO 18 E MÉRCORES 22

SÁBADO, 18:00: CINEMA NUMAX E MÉRCORES, 18:00: MULTICINES COMPOSTELA, SALA 2

Curtas galegas: A rapa das bestas (Jaoine Camborda), Sibilia (Carla Andrade), Pois iso, que te quero (Beatriz del Monte), Cortázar Galicia (Juan de la Colina), Atisbos (Iria Silvosa), Árbores (Gonzalo E. Veloso), Algunhas nubes flotan lonxanas (Gonzalo E. Veloso), Mamma (Gonzalo Cotelo)

DOMINGO 19 E VENRES 24

DOMINGO, 18:00: CINEMA NUMAX E VENRES 24, 17:30: MULTICINES COMPOSTELA, SALA 2

Foco Alberte Pagán (presentación e coloquio): Noite de rodos, Nyaungshwe, Pagán, Gongoriin Bombani Hural, Al, Berbera, La tierra santa e Témenos

 

Alberte Pagán

LUNES 20

(18:00: CINEMA NUMAX)

Angélica, una tragedia (Manuel Fernández-Valdés)

MÉRCORES 22

(20:00: CINEMA NUMAX)

Sitio distinto (Davide Cabaleiro): con presentación e coloquio

 

VENRES 24

(22:00: TEATRO PRINCIPAL)

Escarabana (Sara Casasnovas) (dentro do maratón)

 

SÁBADO 25

(20:30: TEATRO PRINCIPAL)

A estación violenta (Anxos Fazáns) (preestrea en Galicia)

Nerea Barros, protagoniza “A estación violenta”

 

DOMINGO 26

(12:00: SALÓN TEATRO)

Proxecto remolque (Cris Lores)

 

 

PREMIADOS

O Cineuropa entregá os premios desta edición á realizadora catalá Carla Simón (Verano 1993), ó actor arxentino Leonardo Sbaraglia, un dos actores fetiche do realizador ourensán Rodrigo Cortés, co que colaborou en Red lights e El concursante; ó director franco-grego Costa-Gavras (Z, A caixa de música) e ó cineasta andaluz Manuel Martín Cuenca (Caníbal, El autor).

 

PROGRAMACIÓN COMPLETA E PROGRAMA EN PDF