XVIII Mostra de Curtas de Noia: 1-11 novembro

 

Noia abriu onte a XVIII Mostra de Curtametraxes Vila de Noia que terá lugar do 1 ó 11 de novembro. 40 curtametraxes que competirán na Sección Oficial e no Programa Curta Comarcal (selección de curtas locais). A actriz coruñesa María Bouzas (Pratos Combinados, Terra de Miranda) recibirá un Premio Honorífico.

 

María Bouzas

 

Os pratos fortes desta edición da Mostra de Curtas de Noia, a número 18, serviranse a partir da vindeira fin de semana, coincidindo coa gala de entrega de premios e a estrea da serie Fariña. Entre o coliseo Noela e o Liceo, os espacios que darán cabida ás diferentes actividades do festival, hai un corredor formado por oitenta estrelas. Cada unha de elas adicada a un dos profesionais que dalgunha maneira deixou a súa impronta en Noia. Así, están representados aqueles que recibieron o premio de honra da Mostra, como Luis Tosar, Jorge Coira, Morris, Ramón Campos, Antonio Mourelos e Ricardo de Barreiro; e tamén quen coa súa presencia no festival contribuiron á súa su promoción. Nesta relación se inclúen nomes como Miguel Ángel Silvestre, Adrián Lastra, Javier Veiga e Marta Hazas.

Completa o decorado de Noia a alfombra vermella que xa se estreou no coliseo. Pasaron por ela, entre outros, Morris, Carlos Blanco, Melania Cruz, María Costas, Iván Marcos, Laura Doval e Andrés Goteira. Todos eles forman parte do equipo de Dhogs, o thriller que abriu a Mostra de Curtas despois de que se proxectara un resumen sobre a edición do ano pasado.

 

 

O humorista Pedro Brandariz exerceu de mestre de cerimonias, mentres que o alcalde, Santiago Freire, y o conselleiro de Cultura, José Pérez, deron o pistoletazo de saída oficial ó festival.

Mañá venres, a partir das 17:00, os asistentes poderán asistir á charla “Yo también cuento”, proxecto audiovisual de Aldeas Infantiles sobre os dereitos da infancia. De seguido, o piloto de rallies Luis Penido e o seu copiloto Ricardo Cuesta presentarán un pequeno documental sobre o rally de Noia.

O sábado 4 ás 11:30 comeza a charla “as distribuidoras e a súa importancia na promoción dunha curta”. Ás 13 horas, conversas coas actrices Maggie Cevantos, Nadia de Santiago de Sandra Cervera. Ás 18:00, proxección de cine mudo con música en directo.

Na semana seguinte, destacamos a proxección da webserie de Porco Bravú e protagonizada por Pedro Brandariz Peter Brandon (Luns 6, 21:00), o do documental de Ángeles Huerta Esquece Monelos (Martes 7, 21:00). Ese mesmo martes pola mañá, poderán asistir ó coloquio “Creación gráfica e efectos dixitais”.

 

 

 

O mércores destaca a exhibición doutras das películas galegas do ano, Sicixia (Ignacio Vilar) (21:00). Pola mañá, a charla “Efectos de son para cine” (11:30).

 

 

O xoves, charla “Proceso creativo nas curtas de ficción e animación” (11:30) e a película da galega Frida Films María (y los demás) (Nely Reguera).

 

 

O sábado 11 ás 20 horas terá lugar a premier da serie Fariña (Bambú Producciones)

As entradas para as proxeccións están disponibles na web do coliseo e tamén poden adquirirse na taquilla.

As curtas a concurso son:

FICCIÓN

Yo también de Sonia Sebastián (España),

Los miserables de Ladj Li (Francia),

M.A.M.O.N. Monitor Against Mexicans Over Nationwide de Alejandro Dimiani (México / Uruguai),

Los hombres de verdad no lloran de Lucas Castán (España),

24 horas de Marie-lou Béland (Canadá),

Kapitalistis de Pablo Muñoz Gómez (Bélgica / Francia),

Rol. La puta y el cliente de Hammudi Al-Rahmoun Font (España),

Nevada de Javier Kühn (España),

Funky Lola de Julia Mas Alcaraz (España),

Primavera invernal de Mohamed Kamel (Egipto),

Australia de Lino Escalera (España),

Cunetas de Pau Teixidor (España),

Cheimaphobia de Daniel Sánchez Arévalo (España),

Adela de Evangelina Montes (Argentina),

The App de Julián Merino (España),

El viatge de Alberto Evangelio (España),

Madre de Rodrigo Sorogoyen (España),

La dama de sal de Mario Venegas Lucena (España),

Distintos de Josevi García Herrero (España),

Ringo de Adriá Pagés (España),

The School Bag de Dheeraj Jindal (India),

Ni un sola línea de Víctor E. D. Somoza (España),

El alquiler de Pablo Gómez Castro (España),

Destroy Madrid de Joseba Alfaro (España),

Postales de Pablo Santidrián e Inés Pastor (España),

Llegar de Kiko Prada (España),

3 gramos de fe de José A. Campos (España),

Vernon Walks de Santiago Zannou (España),

ANIMACIÓN

The Box de Merve Cirisoglu Cotur (Reino Unido),

After Work de Luis Usón Andrés Aguilar (Ecuador),

Deuspi de Megacompeteur (Francia),

Retweet de Cristina Vilches Estella (España),

Decorado de Alberto Vázquez (España),

Nouvelle cousine de Manuel Reyes Halaby (España),

Un día en el parque de Diego Porral Soldevilla (España),

Segundito de Roberto Valle (España),

Darrel de Marc Briones Piulachs (España)

CURTAS CORUÑA AMATEUR

Portus Apostoli de Carmen García, Elena Blanco, Marina Piñeiro e Sheila Rey (España),

Tr3s de Javier Rodríguez (España)

Orbe de Peña Produccións (España)

PROGRAMACIÓN