Palmarés do OUFF: Premio gordo para a arxentina  “La vendedora de fósforos”

 

O premio na categoría de ópera prima foi para a brasileña Baronesa e Chris Gude levouse o da mejor dirección por Mariana.

 

MELLOR FILME DA COMPETICIÓN IBEROAMERICANA

La vendedora de fósforos, de Alejo Moguillansky

 

Pola súa capacidade para pensar o real a través da ficción e pola súa habilidade para construír un relato combinando materiais diversos sen perder a vitalidade do impulso.

 

PREMIO “CARLOS VELO” Á MELLOR DIRECCIÓN DA COMPETICIÓN IBEROAMERICANA

Chris Gude, director de Mariana

 

Pola creación dun espazo simbólico e atemporal a través do contraste entre un territorio soñado e o territorio real.O xurado da Competición Iberoamericana quere concederlle unha mención especial a La noche polar, de Florencia Romano, pola súa busca dunha linguaxe propia e por como a través dun imaxinario máis próximo ao fantástico, propón un estado emocional.

O xurado da Competición Iberoamericana quere concederlle unha mención especial a La noche polar, de Florencia Romano, pola súa busca dunha linguaxe propia e por como a través dun imaxinario máis próximo ao fantástico, propón un estado emocional.

 

PREMIO AO MELLOR FILME DA COMPETICIÓN OPERAS PRIMAS

Baronesa, de Juliana Antunes

 

Porque a directora aborda con forza e unha mirada sensible termos urxentes como a intimidade e a sexualidade feminina, creando un retrato valente e vital sobre os espazos de resistencia e perserverancia das mulleres.

 

Mención especial do xurado da Competición Operas Primas

69 minutes of 86 days, de Egil Håskjold Larsen

 

Polo seu achegamento humano á situación dos refuxiados, pola súa mirada de esperanza a través dos ollos dunha nena e a súa proposta formal, novidosa e bela na que resalta a súa música orixinal.

 

PREMIO DO XURADO DO CINECLUBE PADRE FEIJOO

 Baronesa, de Juliana Antunes

 

Pola delicadeza, sensibilidade e respecto co que presenta unha realidade pouco abordada no cine, como é a vida das mulleres nunha favela. Destaca a dignidade das personaxes e os lazos de sororidade que tecen inmensas nunha violencia latente pero omnipresente que obriga á autosuficiencia e ao empoderamento, cargando todo o peso do relato nuns potentes diálogos e no enfoque íntimo e comprometido da directora.

PREMIO DO XURADO UNIVERSITARIO

 Vermelho Russo, de Charly Braun

Por ser unha viaxe cara a madurez na que a ficción e a non ficción, o persoal e o artístico, se retroalimentan. Os integrantes do Xurado Universitario, dende a perspectiva dos novos creadores e creadoras, vense representados nese momento de aprendizaxe no que se atopan os personaxes. Nun terreo tan incerto como é o artístico consideran que debemos aprender a convivir coas inseguridades, egos e competitividade sen deixar de ser nós mesmos.

PREMIO DO PÚBLICO

 Las Cinéphilas, de María Álvarez

Membros do Xurado

O Xurado Oficial estivo composto na Competencia Iberoamericana pola actriz e cineasta Elena Martín -directora do filme Júlia ist-, Ramiro Ledo -responsable de Cinema NUMAX e NUMAX Distribución- e Xacio Baño -cineasta galego e curtametraxista de espectacular traxectoria cuxas obras estiveron presentes en festivais como BAFICI, Mar del Plata ou Clermont Ferrand-. O Xurado da Competencia Operas Primas, pola súa banda, estivo integrado pola xornalista e crítica Blanca MartínezMeghan Monsour -directora de programación de Ambulante Gira de Documentales- e Xosé Ramón Rivas -xestor cultural e programador de documentais do Festival Internacional de Cine de Edimburgo-, estes dous útimos co apoio de AC/E Acción Cultural España.

Alén disto, Begoña González, Helena Rodríguez e Carme Celis compuxeron o Xurado do Cineclube Padre Feijoo e  o Xurado Universitario estivo integrado por Rebeca López Villar, Cora Diz Vila, Nicolás Pérez Pampín, Lucía Estévez González e Ricardo Araújo Gil.